Xosé Manuel Olveira Pico, recoñecido co Premio de Honra Marisa Soto

A Asociación de Actores e Actrices homenaxea así o intérprete recentemente finado

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Xosé Manuel Olveira Pico, recoñecido co Premio de Honra Marisa Soto

A gala dos Premios María Casares, que se celebra o vindeiro 27 de marzo, acollerá unha homenaxe especial. A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), que organiza estes galardóns, anunciou hoxe que lle outorgou o seu Premio de Honra Marisa Soto a Xosé Manuel Olveira Pico, falecido o pasado mes de xuño. O acto de homenaxe lembrará "un dos actores máis reputados e queridos tanto polo público coma polos seus compañeiros" segundo recoñece a Asociación. Avelino González, presidente da entidade, sinalou que era intención da AAAG entregarlle este premio a Pico en vida, pero que a doenza que sofría o homenaxeado impediu facer antes estes recoñecemento.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Manuel Olveira, Marisa Soto, Manuel Olveira, AAAG...