A Asociación de Actores homenaxea o seu primeiro presidente co premio Marisa Soto

Gonzalo Uriarte recibirá o seu premio o vindeiro 24 de marzo na Coruña

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

“Na persoa de Gonzalo Uriarte non só hai un excepcional actor cunha longa traxectoria nas artes escénicas senón que tamén nos permitie simbolizar nel o recoñecemento a todos os profesionais que fixeron posible a fundación da AAAG”. Deste xeito anunciaba Celso Parada a decisión da Asociación de Actores e Actrices de Galicia de concederlle a Gonzalo Uriarte (A Coruña, 1952) o premio de honra Marisa Soto. Este coñecido actor foi o primeiro presidente da entidade que agora o premia e que cumpre neste 2010 as súas vodas de prata. Uriarte recollerá o galardón o vindeiro 24 de marzo na gala dos Premios María Casares, que terá lugar no Teatro Rosalía de Castro na Coruña.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Marisa Soto, María Casares, Rosalía de Castro...