Ana Romaní recibe premio de honra Marisa Soto polo seu labor a prol do teatro

A xornalista recollerá o premio o vindeiro 25 de marzo na Coruña

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Desde hai 19 anos, Ana Romaní séntase cada día nun dos estudos da Radio Galega para dirixir e presentar dun dos programas culturais máis emblemáticos do país: o Diario Cultural. Un labor que lle acaba de valer o Premio de Honra “Marisa Soto” 2009. A Asociación de Actores e Actrices de Galicia outorgarlle este premio “polo seu labor a prol do teatro, o audiovisual e da cultura galega en xeral”. A entrega do galardón terá lugar o vindeiro 25 de marzo no Teatro Rosalía da Coruña, no marco da gala dos premios María Casares, que recoñecen os mellores espectáculos teatrais do 2008.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito