Considerado un dos maiores especialistas do mundo no Século de Ouro español e en figuras como Lope de Vega, o filólogo Antoino Carreño será recoñecido coa Medalla de Ouro de Ourense. A Deputación Provincial deu a coñecer este quince de outubro a posta en marcha do expediente para recoñecer este investigador, nado en Parada de Sil en 1938, coa maior condecoración que outorga esta entidade.
Segundo destacou Manuel Baltar, presidente da Deputación, Carreño é "un estudoso referente global no Siglo de Oro, un intelectual cunha carreira internacional de primeiro nivel con fonda pegada en universidades estadounidense do prestixio de Brown, da que é catedrático emérito". O filólogo, que vive na súa aldea natal desde a súa xubilación, formouse en Estados Unidos nos anos 70, con mestrados nas universidades de Hartford e Yale, onde impartiu aulas.
A súa carreira levouno tamén polas academias de Columbia, Illinois ou Brown, universidade da que é catedrático emérito. Canda a Lope de Vega, de quen realizou unha edición definitiva dos romances, estudou tamén autores como Góngora, Bartolomé de las Casas ou Cabeza de Vaca. Tamén desenvolveu estudos sobre RosalÃa, Celso Emilio Ferreiro ou Blanco Amor asà como Camões e Pessoa. Na actualidade colabora co xornal ourensán La Región.