
Dispoñible en galego, inglés e castelán, este espazo permite tamén descargar o expediente completo da candidatura que se remitiu ao organismo internacional. A candidatura céntrase na relación entre o ser humano e a auga nunha paisaxe con máis de 1.500 anos de ocupación continuada.
Como seis puntos centrais da candidatura, a Xunta lista a beleza escénica da paisaxe, un patrimonio hidráulico que vai desde as canles de rego ata construcións hidroeléctricas e os sistemas de cultivo en pendente caracterÃsticos da área. A estes suma a pegada eremÃtica e monástica nas bases da relación coa auga, as formas de ocupación do territorio e xestión da terra e mais o patrimonio inmaterial vinculado ao elemento hÃdrico, no que se inclúe tanto toponimia como festas, lendas ou costumes.
Segundo apunta o expediente da candidatura, a zona "ilustra a xénese e evolución dun territorio esculpido pola auga e paradigma dunha cultura hÃdrica, na que se recoñecen vividamente as pegadas que marcaron a súa construción ao longo de máis de mil cincocentos anos de ocupación continuada, e que ten a súa xénese na antiga tradición eremÃtica e monástica arraigada neste espazo". Deste xeito, "a cultura da auga nestes lugares se reflexa nun patrimonio hÃdrico excepcional que inclúe sitios arqueolóxicos, os enxeños asociados á auga de tódalas épocas, incluÃndo un importante patrimonio industrial hidráulico, os singulares sistemas de drenaxe dos socalcos ou terrazas de cultivo, ademais doutras múltiples manifestacións vernáculas en forma de fontes sacralizadas e minas, canles, represas, pasos e pontes, rutas fluviais e outras obras singulares asociadas coa auga".
O documento lista neste sentido "un excepcional catálogo de elementos patrimoniais de aproveitamentos hidráulicos que achegan o testemuño continuo da autosuficiencia enerxética de cada época, incluÃndo dende muÃños de auga tradicionais de diferentes séculos, cuxas obras perduran no ámbito do ben en número e densidade excepcionais, seguindo coas minicentrais ou fábricas de luz que xorden a finais do século XIX, ata chegar aos embalses hidroeléctricos de mediado do século XX". En conxunto, a candidatura considera que este é "unha paisaxe cultural na que se pode ler a historia da marabillosa relación entre a auga, o ser humano e o seu enxeño, non só para asegurar a súa supervivencia e benestar, senón tamén para aproveitar ao máximo todos os seus posibles usos".
Segundo a xunta, a proposta resulta acorde ao criterio da UNESCO por "ser un exemplo destacado de formas tradicionais de asentamento humano ou de utilización da terra ou do mar, representativas dunha cultura (ou de varias culturas), ou de interacción do home co entorno, sobre todo cando este se volveu vulnerable debido ao impacto provocado por cambios irreversibles".
A previsión da Xunta é que a UNESCO tome en consideración esta proposta para 2026. A anterior candidatura, que fora valorada negativamente polo ICOMOS, organismo consultivo da UNESCO, e non chegou á deliberación final nesta entidade, facÃa fincapé na pegada monástica e nos usos tradicionais como singularidades destacadas da zona.