'Mala vida e pior morte do rei Ricardo III' é o título da peza que compón o volume XII das Clásicas desfeitas, o ciclo de revisións de pezas de teatro en versión curta promovido polo Centro Dramático Galego e a Cidade da Cultura. Esta peza chega ao Gaiás producida pola compañía Excéntricas. O actor e dramaturgo Evaristo Calvo métese na pel do monarca inglés para contarnos unha versión da súa vida que confronta a da traxedia teatral de William Shakespeare e combina humor, lirismo e un marcado tenebrismo na súa posta en escena. A baixo-cuberta do edificio da Biblioteca de Galicia será o singular escenario do Gaiás no que se presentará a obra ao público os días 21 e 22 de febreiro, con dous pases ás 18,00 e ás 20,00 horas cada día.
Na creación da peza participa un colectivo artístico amplo e multidisciplinar que está a traballar estes días no marco das Residencias Artísticas do Gaiás. Ao cargo da dirección escénica están o seu intérprete, Evaristo Calvo, o director, actor, improvisador e pallaso Antón Coucheiro, e a directora e creadora Alessandra García, gañadora do Premio Max das artes escénicas e do premio El Ojo Crítico de Teatro de RNE en 2022. A poeta e escritora María Lado participa con Evaristo Calvo na dramaturxia da obra, e a produción conta co asesoramento da recoñecida directora Ana Vallés na parte teatral, e da profesora e investigadora da USC, Cristina Mourón Figueroa no apartado histórico.
As pezas para construír unha nova Medea
A segunda obra que completa esta edición do ciclo será 'Medea-Mamá-Monstro', volume XIII de Clásicas desfeitas, creación da actriz e produtora Helena Varela e a dramaturga Laura Porto. Unha experiencia escénica que mestura o falso documental co freak show para reunir as pezas coas que compoñer un retrato máis complexo da personaxe mitolóxica. Arquetipo da muller que consuma unha terrible vinganza en resposta á traizón do seu namorado, para construír esta nova Medea as artistas recorren a fontes literarias diversas, aos testemuños de veciñas e familiares, e incluso a un intento de resucitala empregando a robótica. A obra terá dúas funcións, os días 28 de febreiro e 1 de marzo, ás 19,00 horas, e empregará como escenario as zonas de almacén do viveiro e espazo de incubación de proxectos do Centro de Emprendemento Creativo. As entradas para Mala vida e pior morte do rei Ricardo III e para Medea-Mamá-Monstro están xa á venda, a un prezo de 9 , en Ataquilla e no despacho de billetes do Museo Centro Gaiás.