Tralos datos sobre lingua publicados polo Instituto Galego de EstatÃstica, a Xunta engadiu unha nova enquisa aos documentos de traballo que proporciona para as comisións de traballo do Plan xeral de normalización da lingua galega que coordina Manuel González. Trátase dunha enquisa realizada a 1200 pais e nais de rapaces en idade escolar (primera e secundaria) e residentes en Galicia, con case un 24% dos fogares enquisados de procedencia non galega. Nela pregúntaselles sobre a percepción social da lingua galega. No dossier de prensa proporcionado, sinálase que o 94,5% dos pais afirman que os fillos saben falar galego e que o 67,5% declara que os seus fillos empregan o galego de xeito cotián. Case o 70% dos pais que falan habitualmente en castelán cos seus fillos consideran que non hai ningún idioma discriminado en Galicia. Esa cifra de satisfacción descende notablemente ao 52,4% naquelas familias nas que se fala habitualmente en galego. A Xunta sinala que 53,6% das familias que falan tanto en galego como en castelán afirman que non hai ningún idioma discriminado en Galicia, pero non se sinala que tanto por cento do 46,4% restante destas familias declaran que si existe discriminación. A enquisa foi realizada pola empresa Sondaxe.