Queremos Galego denuncia a pregunta aos pais sobre a lingua

A plataforma considera que a formulación da mesma prexudica o galego

11/6/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: lingua
21 lecturas | Compartido 0 veces

O xeito en que a Consellaría de Educación formula a cuestión aos pais sobre a lingua materna dos seus fillos prexudica o galego. Así o asegura a plataforma Queremos Galego, que sinala que no cuestionario que recibiron os pais dos alumnos que comezan Segundo Ciclo de Educación Infantil non se informa dos efectos concretos que terán as respostas na organización das clases. Ademais, considera que ao perguntar pola "lingua materna" dos alumnos, e non pola lingua na que os pais queren que se dea a clase, dificúltalle a elección do galego a familias castelánfalantes. Segundo explican desde a plataforma "unha persoa pode falar castelán mais non por iso querer que o seu fillo ou a súa filla deixe de aprender en galego". O colectivo anima a todos os pais consultados a responder que a lingua materna dos seus fillos é o galego.


Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Educación Infantil, Consellaría de Educación, Lingua galega