Oitocentas entrevistas realizadas pola empresa Sondaxe, do grupo Voz. Esta é a mostra da enquisa que acaba de presentar a Asociación Galicia Bilingüe e que, segundo eles, amosa que o 80% da poboación avoga porque sexan os pais quen elixa a lingua na que se educan os seus fillos. Entre outros datos, este informe sinala que o 87% dos enquisados considera que se deberÃa poder acceder á educación en castelán en calquera punto do Estado e só un 12,4% apoia que os sinais informativos estean só en galego.