O coñecemento que podemos obter das cantigas da lÃrica medieval galego-portuguesa cada vez é maior. O Centro Ramón Piñeiro suma novos contidos neste sentido a continuar a análise sistemática mediante bases de datos deste corpus literario. O proxecto Canticar, cun mapa que recolle os lugares mencionados nos textos profanos, e Cantigas de RomarÃa, que localiza os santuarios mencionados en cantigas de amigo, son as novas achegas que nos permiten explorar o mundo desde estas composicións.
Canticar é o nome dun dos máis recentes resultados do proxecto LÃrica galego-portuguesa que se desenvolveu no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. A catedrática de FiloloxÃa Románica Pilar Lorenzo GradÃn dirixiu esta iniciativa na que contou coa colaboración da historiadora Mariña Bermúdez Beloso e das filólogas Carmen de Santiago e Helena Bermúdez. O proxecto "é un recurso dixital que recolle todos os topónimos que figuran na lÃrica profana galego-portuguesa, un corpus integrado por cerca de 1.700 cantigas", e que está dispoñible na rede, explica Lorenzo.
A xeografÃa de hai 800 anos
A través do mesmo, pode consultarse un mapa interactivo que recolle as localizacións máis probables dos lugares que se mencionan nuns 220 destes textos. "Isto tradúcese no cartografado de 400 ocorrencias de nomes de lugar, dos que forman parte localidades, demarcacións territoriais, rÃos e topónimos", todo un tesouro topográfico que permite achegarnos ao imaxinario xeográfico da nosa cultura entre os séculos XII e XIV. "A maiores, a ferramenta representa graficamente os lindes dos reinos hispánicos nas coordenadas cronolóxicas que enmarcan o movemento trobadoresco", todo isto completado con ligazóns á base de datos MedDB, tamén desenvolvida no Ramón Piñeiro, que recolle os textos Ãntegros das cantigas medievais, e onde xa era posible consultar os topónimos presentes nestas composicións. "Grazas a este labor, foi doado crear unha listaxe das mencións de lugares para poder abordar a análise dos mesmos en busca da súa localización especÃfica. Para acadar dito obxectivo, o equipo investigador realizou, sobre todo, un estudo detallado da documentación da época, da bibliografÃa precedente e da análise comparada dos textos cos datos biográficos que se coñecen a dÃa de hoxe dos trobadores", detalla Lorenzo. Unha primeira proposta cartográfica con este material elaborouse xa en 2016 coa participación de Helena Bermúdez. A revisar aqueles resultados, o grupo responsable do actual proxecto conseguiu "adaptar con máis precisión o primitivo mapa ao modelo de datos vectorial que permiten os Sistemas de Información Xeográfica, e tamén ofrecer aos usuarios máis prestacións que a simple representación de puntos nun mapa".
Elixir un lugar
É fácil que a variedade de topónimos, moitos deles alleos ao ámbito cultural galego-portugués, que conteñen estes textos medievais cause sorpresa nas persoas que se achegan a este corpus. As eleccións que os autores realizaron para as súas composicións non son azarosas. Segundo lembra Lorenzo, "os topónimos elixidos polos trobadores e xograres sempre teñen un valor distintivo, xa que se seleccionan en función do tema tratado nos textos para situar personaxes ou acontecementos nun marco concreto, que posúe unha indiscutible relevancia ao converterse nun sinal inconfundible para o público que escoitaba aquelas cantigas". En ocasións "os espazos nomeados teñen un valor engadido na historia literaria, desde o momento en que fan posible que se localicen en coordenadas xeográficas concretas tanto autores e personaxes que non deixaron pegadas nas fontes documentais como aqueloutros para os que non hai constancia de que estivesen nos lugares citados".
Un mundo en cantigas
O actual territorio galego, ademais de Portugal ata Lisboa, concentran a maior parte destes topónimos, aÃnda que tamén hai unha importante presenza de León e Castela nas composicións recollidas no proxecto. Lugares de Sevilla e do Reino de Granada, Francia, Italia (con mencións a Roma e Brindisi), localidades de Terra Santa e mesmo unha referencia á Meca compoñen un mapa moi centrado na PenÃnsula Ibérica. O proxecto non atende unicamente a nomes de localidades, senón que recolle tamén mencións de entidades polÃticas do momento como Alemaña, LombardÃa ou Provenza, canda a rÃos como o Guadalquivir, o Douro, o Sil, o Miño ou o Sar. "Nunha época en que a PenÃnsula Ibérica estaba dividida en reinos, non é de estrañar que estes aparezan citados con bastante frecuencia, como é o caso de Portugal, Castela, León ou Navarra". Canda a eles "tamén están representadas as cidades que tiveron maior transcendencia social, polÃtica e económica nas coroas de Castela e Portugal: Burgos, Toledo, Lisboa, Santarém ou Santiago", apunta a directora do proxecto.
Actualidade e lugares fóra de mapa
Estas aparicións, que poden semellar previsibles, coexisten con outros nomes menos habituais, vencellados á actualidade do momento. "Nun momento histórico marcado pola importancia das cruzadas e polas campañas militares levadas a cabo, sobre todo, polo rei Afonso X no sur da PenÃnsula, adquiren importancia o xenérico topónimo Ultramar e o emirato de Granada", destaca Lorenzo. AsÃ, no caso de Ultramar, que se refire nestes textos a Terra Santa, as cantigas refiren andanzas de peregrinos por aquelas terras, mentres que as referencias ao reino nazarà céntranse nas guerras que na altura se desenvolvÃan na zona.
Fronte a estas localizacións concretas "hai un certo número de lugares que poden levantar preguntas mesmo nos especialistas por tratarse de topónimos asociados a sitios moi concretos que non son facilmente recoñecibles", advirte a investigadora. Encádranse neste tipo "barrios de determinadas cidades como Seserigo en Santarém, ou vilas e aldeas pequenas recoñecibles só a nivel local". Este é o caso de "Valdecañas de Cerrato en Palencia ou Longos en Guimarães", que conseguiron o seu oco na nosa lÃrica medieval. A estes súmase a presenza de topónimos a designar lugares que non fan parte da nosa realidade. "Están, fundamentalmente, ligados á relixión cristiá" como as citas sobre o ParaÃso ou o Inferno, "ou á denominada materia de Bretaña, que inspirou a composición dos anónimos lais e que presentan referencias a lugares ficticios como a Insua da Lidicia ou a Joiosa Guarda".
Lugares para o sagrado e o profano
A comparar co proxecto Glosabio que recolle e localiza topónimos e antropónimos presentes nas Cantigas de Santa MarÃa, Lorenzo recoñece que os lugares recollidos nas cantigas profanas "mudan bastante" respecto a aqueles. "Os nomes de lugar destas non figuran nas Cantigas de Santa MarÃa. Asà mesmo, a toponimia galega ten bastante representación na lÃrica profana, mentres que a súa presenza pode considerarse marxinal na compilación mariana, na que si son frecuentes tanto lugares da PenÃnsula Ibérica como doutras rexións europeas ou de Oriente Medio que non son citados no corpus profano trobadoresco". O feito de seren boa parte das cantigas marianas versións de milagres recollidos previamente noutras coleccións europeas explica en boa medida estas diferenzas. Dentro do conxunto da lÃrica medieval, a maior concorrencia de lugares dáse nas cantigas de escarnio e maldizer, que se caracterizan por un ton máis realista do que outros tipos.
A cantigas de romarÃa
Da colección de lugares recollida, segundo lembra Lorenzo, "nas cantigas que pertencen ao rexistro amoroso os lugares máis citados son os presentes nas chamadas cantigas de romarÃa ou de santuario". Estas mencións supoñen unha excepción nunha tradición poética "que, nos xéneros do rexistro amoroso, renuncia ao emprego de referencias espaciais e temporais concretas", explica. AsÃ, este tipo de composicións deron pé un proxecto especÃfico no Centro Ramón Piñeiro, Cantigas de romarÃa, que analiza e xeolocaliza os templos mencionados nestas obras. Estas "son un tipo particular de cantigas de amigo nas que se fai mención dun santuario, que adoita ser o lugar escollido (ou desexado) para o encontro dos namorados, e que, xeralmente, ubÃcase en lugares afastados dos núcleos de poboación", sinala o equipo que desenvolveu este traballo, composto pola propia Lorenzo, Mercedes Brea e Juan Escourido. En total, no corpus de composicións medievais galego-portuguesas cóntanse 71 pezas con referencias a lugares con nome de santos a cargo de 21 autores diferentes. "Todas elas poden ser denominadas, como propuxo Filgueira Valverde, 'cantigas de santuario'. A falar estritamente das de romarÃa, esta denominación restrinxirÃase a doce que inclúen "algunha indicación máis precisa relativa á existencia dunha romarÃa". Expresións como "ir en / fazer romarÃa", "fazer oraçon", a mención de "sagraçon" ou referencias a queimar candeas ou a baile levan tamén a integrar certas composicións neste corpus. O proxecto achega un mapa coas localizacións máis posibles para cada trobador e vinte e un mapas máis, un por poeta, coa situación máis posible e outras probables.
Localizar ermidas de hai 700 anos
Identificar con éxito estes haxitopónimos ou lugares con nome de santo con espazos concretos da nosa xeografÃa supuxo o reto principal do traballo. Segundo recoñece o equipo "esta é unha das tarefas máis laboriosas, pois non sempre se conservan os santuarios mencionados e algúns topónimos aparecen moi repetidos na xeografÃa galega, o que dificulta aÃnda máis a identificación". AsÃ, a investigación verificou a existencia de varias 'Santa MarÃa' diferentes no corpus analizado. "Santa Maria das Leiras, Santa Maria de Julhan, Santa Maria de Reça e Santa Maria do Faro", dous San Simón, "o famoso de Mendiño, identificado coa illa de San Simón, na rÃa de Vigo e San Simon de Valdeprados" mencionado por Pero Viviaez. Canda a estes "tampouco parece que o San Salvador de Sancho Sanchez teña algo que ver co San Salvador de Valongo cantado por Martin de Padrozelos".
Un mundo na periferia
Como é habitual no caso dos templos que protagonizan romarÃas, a localización máis habitual dos santuarios que aparecen neste tipo de composicións é fóra de vilas e cidades. Excepcións como a Catedral de Santiago ou o Convento de San Domingos de Bonaval, na actual capital de Galicia, o tamén convento de San Domingos de Tui ou o indeterminado santuario de Vigo ao que se refire Martin Códax son algunhas das excepcións que recolle o estudo. Pola contra, son máis frecuentes templos situados en lugares afastados aos que se chega en peregrinación. AsÃ, hai exemplos situados en montes, como a ermida de Monte Faro, ou a de San Servando, en Pazos, Ourense, ou en illas como a de San Simón, a Ermida da Virxe do Porto de Valdoviño ou a de San Cremenzo, na Illa do Santo de MarÃn. Deste xeito, o mapa reflicte un mundo eminentemente rural e dá conta de espazos que fican fóra do foco do imaxinario nos nosos dÃas. Templos dos que nin sequera hai constancia, como o de San Simón, algúns que están arruinados, como Santa CecÃa ou San Cremenzo e moitos outros nos que as romarÃas se deixaron de celebrar hai décadas, como é o caso da ermida de Pazos, amosan as inevitables mudanzas nos cultos e nos costumes, malia a cantidade destes espazos que aÃnda se conservan.
Os santos tamén mudan
Para alén das advocacións coincidentes, o proceso tivo dificultades engadidas. "Tamén pode darse o caso de que algunha igrexa cambiase de advocación co paso do tempo ou de que se perdese o recordo dunha festividade que na Idade Media era relevante", explican o equipo de investigación. Para completar a problemática "de boa parte dos autores descoñecemos por completo a biografÃa, polo que só cabe facer hipóteses sobre a súa cronoloxÃa e os lugares polos que se moveron" para localizar estes espazos. Segundo recoñece o equipo de investigación "algúns mantéñense no mesmo lugar, pero moi modificados estruturalmente, aÃnda que con restos románicos apreciables, ou foron totalmente refeitos en épocas posteriores". Noutros casos "lamentablemente, quedan só algunhas pedras en mal estado de conservación, e outros é posible que desaparecesen por completo e que sexa esa a razón pola que resulta tan difÃcil precisar a súa localización".
BiografÃas xeolocalizadas
A se enfrontar con este reto, segundo relata o equipo, "as propostas que facemos combinan a localización dos haxiotopónimos co que se pode saber, deducir ou intuÃr sobre os trobadores e xograres que produciron estas cantigas". Deste xeito, fÃxose necesario atender a cuestións como outros nomes de lugar que aparecen nas composicións dun autor ou dos seus achegados ou repasar a súa biografÃa, no caso de existiren datos ao respecto, para fixar unha posición xeográfica. Con estas complicacións, non é de estrañar que o mapa que achega o proxecto conte con varios casos nos que non se consegue identificar de xeito inequÃvoco a que santuario en concreto se refire algunha das cantigas. "En non poucos casos, aÃnda que se ofreza como máis probable unha opción, a web facilita a continuación todas as propostas que fixeron os estudosos ou que nós mesmos fomos localizando".
O valor dos topónimos
"Os topónimos que aparecen máis veces son San Servando, situado no concello ourensán de MuÃños e referido polo xograr Joán Servando, e Vigo, presente nas célebres cantigas de MartÃn Codax", explica Lorenzo. A confirmar este dato, Escurido salienta que "Johan Servando compuxo dezaseis cantigas á romarÃa, máis que ningún outro dos poetas romeiros fixeron a calquera outra festa". O feito de mencionar estes santuarios actuaba, segundo explica a presentación do proxecto, como unha "marca de manifestación de autorÃa" que identificaba con estas referencias xeográficas o autor da peza. "En liñas xerais, cada autor aparece asociado a un único santuario, salvo no caso da catedral de Santiago", que figura en textos Airas Carpancho, Airas Nunez e Pai Gomez Chariño. Deste xeito, é Martin de Ginzo quen nos fala de Santa Cecilia, Nuno Treez quen menciona San Clemenço do Mar ou Bernal de Bonaval o que trata do templo co que comparte nome.
Por esta causa, nestas obras a localización xeográfica dos espazos pesa máis do que posibles elementos simbólicos vencellados aos diferentes santos. Segundo lembra Escourido, as referencias recollidas "están centradas na emoción da voz poética. Non levan asociado ningún obxecto material que faga referencia a unha determinada virtude ou cualidade dos santos mencionados". En todo o caso, encol as romarÃas e a actividade relixiosa que se desenvolve nos santuarios "aparece, por veces, a acción de acender candeas ou mesmo estadaes", candeas do tamaño dunha persoa, "ante a imaxe sagrada, para que protexa a moza namorada e escoite a súa súplica, que non é outra ca de solicitar a chegada do amigo".
Expedición aos santuarios
O traballo de campo que permitiu colleitar as fotografÃas do proxecto levoulle a Escourido "nove dÃas completos", nun itinerario transfronteirizo que se determinou en base ás pescudas bibliográficas e dos manuscritos orixinais. Desde Lugo ata o distrito do Porto e volta a Galicia, o percorrido levouno a parar "en pobos e aldeas de costa e interior, ata completar as fotografÃas de todos as ermidas, capelas e igrexas asociadas ás cantigas de romarÃa" para rematar "en Valdoviño, na capela á que cantou Fernán do Lago".
O proceso deu pé para diversas anécdotas. "Quizais a máis simpática foi buscando o santuario asociado a Joán Servando, hoxe unha ermida abandonada no lugar de Pazos, no concello de MuÃños. Primeiro falei cos veciños, que non sabÃan da existencia dunha ermida alÃ. Tras insistir, dirixÃronme a unha anciá que me indicou que subindo polo monte atoparÃa unha ermida que levaba polo menos quince anos sen abrirse. Non habÃa camiño, asà que comecei a subir entre folgos ata chegar a unhas pedras, que fotografei. Pensei que aquela serÃa a capela antiga. O caso é que ó baixar do monte ensineille as fotos á señora, que botou a rir. Ao parecer, fotografara un palleiro dalgún coñecido seu, xa morto, e polo tanto tamén abandonado. VolvÃn, subÃn máis, pasei o palleiro, afastei máis folgos, e finalmente atopei a ermida que aparece na web".
No caso de que alguén teña interese por seguir o seu roteiro, este investigador advirte "quen vaia á ermida de Nuno Treez, a de San Cremenzo na Illa do Santo, en MarÃn, teña en conta que a marea sube máis axiña do que pensamos. Ou a area vai mais fonda que na Mariña, de onde veño eu. Sexa como sexa, hai que ir con programa de horario porque eu para ir da praia á illa mollei xeonllos pero para volver xa me chegaba a auga á cadeira". Coas debidas precaucións, o percorrido das ermidas das cantigas preséntase como un posible itinerario para momentos de ocio que incorporar á axenda.