Nos últimos meses están a se presentar ao público estudos que achegan novas perspectivas sobre a nosa lÃrica medieval. O emprego de tecnoloxÃas da información e da comunicación sobre este corpus literario permite sistematizar datos e mencións contidas no mesmo aproximármonos de xeitos inéditos ao seu contido. O interese polas relacións sociais entre os creadores desta arte e a análise de lugares e persoas mencionadas en obras como as Cantigas de Santa MarÃa exemplifican o tipo de coñecemento que é posible extraer deste perÃodo das nosas letras.
As bases de datos están a amosar un enorme potencial á hora de analizar os contidos das cantigas medievais galego-portuguesas. A facilidade para tirar datos estatÃsticos destes textos, como as repeticións de palabras ou mesmo as variacións que sofren as mesmas en diferentes composicións ou manuscritos resulta unha das máis evidentes. A esta súmase a posibilidade de establecer correlacións inéditas entre diferentes elementos presentes nas composicións, unha opción que dá pé para abordaxes sistemáticas sobre diferentes aspectos deste corpus literario. Canda a isto, o emprego da Internet e das ferramentas de representación gráfica dos datos marcan unha nova era na divulgación destes estudos, que se abren á sociedade e facilitan a participación pública nas investigacións.
As redes sociais dos trobadores
Unha das innovadoras propostas neste campo é o proxecto Redes socioculturais da lÃrica galego-portuguesa. Coordinado por Déborah González na Universidade de Santiago de Compostela, esta iniciativa investiga "as relacións socioculturais e literarias entre autores do movemento lÃrico galego-portugués" mediante as referencias que trobadores e xograres fan uns dos outros nalgunhas das composicións que se conservan. A iniciativa representa de xeito gráfico esas redes sociais, a amosar os personaxes máis célebres, ou cando menos máis conectados, nun web aberto ao público. No mesmo, cada un destes nomes conta ademais cun texto biográfico e unha bibliografÃa que permite afondar no coñecemento dos artistas referenciados.
Batallas de galos medievais
Segundo explica González, o proxecto céntrase na súa primeira fase, que está dispoñible na rede, nos creadores "dun tipo de composición coñecida como tenzón. Estas son cantigas dialogadas entre dous autores e, consecuentemente, amosan un contacto entre eles de maneira fiable. Algúns destes autores participan, ademais, en ciclos satÃricos, que xorden arredor dun personaxe ou dun motivo polémico". A base de datos de Redes socioculturais da lÃrica galego-portuguesa recolle unha corentena de autores, "que participaron nos ciclos dedicados a Maria Perez Balteira, ao xograr Lourenzo e mais á polémica desencadeada pola canción de Joan Soarez Coelho a unha Ama". A ferramenta permite tamén visualizar o alcance de cada un destes ciclos a nivel de personaxes implicados, e o xeito no que se relacionan entre eles dentro das cantigas.
Quen era quen
A perspectiva relacional aplicada a este estudo amosa novas perspectivas sobre os autores implicados, ao facilitar a súa localización histórica. "Estas cantigas gardan interese porque achegan indicios sobre os ambientes e as coordenadas temporais e xeográficas en que debemos localizar os individuos implicados", explica a investigadora. Deste xeito "revélanse con claridade certos nodos máis significativos, ou dito doutro modo, autores que presentan múltiples contactos no medio trobadoresco". A representación gráfica que achega o web do proxecto permite apreciar con facilidade "se dous autores están asociados por un único texto ou por varios. Mediante as cores dos nodos é moi fácil distinguir que, entre os autores analizados ata o momento, predomina amplamente o colectivo dos trobadores, representados en azul, fronte ao dos xograres, que se distinguen en ocre, ficando en vermello algúns nodos para os que non hai datos definitivos dispoñibles".
CrÃticas que levan á fama
A partir desta análise, resulta doado comprobar como hai nomes propios que destacan na arañeira de relacións definitoria do panorama da lÃrica medieval galego-portuguesa de finais do século XIII. De xeito curioso, o personaxe máis referenciado nesta base de datos resulta ser o xograr Lourenzo, pertencente a unha categorÃa artÃstica inferior á de trobador. Segundo apunta Déborah González "a través da súa obra, Lourenzo amósase como un compositor hábil e con competencia técnica. Debeu ser un poeta activo no segundo terzo do século XIII". A partir das mencións que del se fan en diferentes composicións, sábese que "estivo ao servizo do trobador Joan Garcia de Guilhade. Porén, nalgún momento da súa traxectoria, debeu pretender unha certa autonomÃa. Sen dúbida, este movemento non foi ben acollido polos trobadores que o rodeaban porque conservamos un número significativo de ataques satÃricos contra el, os cales serviron para constituÃr o pequeno ciclo literario que xa mencionamos". É dicir, a figura de Lourenzo coñécese nos nosos dÃas en grande medida polas burlas que sufriu no seu momento. Mais non só, porque tamén as súas respostas contribúen a situalo nese centro das referencias recollidas no proxecto. "Lonxe de recoñecer debilidades, Lourenzo foi tenaz na defensa da súa arte. Isto pode comprobarse moi ben a través das súas tenzóns, definÃndose como o autor máis prolÃfico neste tipo de texto. En definitiva, Lourenzo foi quen de alzar a voz para reivindicarse a si mesmo", lembra a coordinadora do proxecto.
Rede de Lorenzo Xograr no proxecto
Amor non convencional
Canda a el, "outra personalidade destacada é Joan Soarez Coelho, que é mencionado na documentación entre 1235 e 1279". Neste caso "trátase dun nobre de orixe portuguesa que inicialmente aparece ao servizo do infante Don Fernando de Portugal e, máis tarde, é un dos cortesáns de Afonso III". A súa vinculación con estas cortes facilita que exista información biográfica sobre el alén das referencias presentes en diferentes cantigas. "Consérvanse algo máis de medio cento de composicións súas, clasificables en diferentes xéneros", lembra González. No entanto, de todas elas destaca "aquela canción que a crÃtica deu en chamar 'a cantiga da Ama'". A singularidade desta peza radica en que "se a cantiga de amor vai normalmente dirixida a unha señora de condición superior, esta canción foi dirixida a unha Ama, o que no medio trobadoresco se interpretou como unha contrariedade aos códigos que regulaban a canción de amor canónica. A reacción dos trobadores non se fixo agardar, como demostran diferentes composicións conservadas nos cancioneiros e que conforman o ciclo". De novo os ataques dos colegas contribuÃron á sona con que Soárez Coelho pasou á historia. Tamén este trobador aparece "como un autor con gusto pola tenzón e por certo ton de debate. Neste tipo de texto, os seus dardos satÃricos poden verse dirixidos ao seu interlocutor ou chegar máis alá, 'pinchando' nun terceiro, como acontece nun diálogo que establece con Lourenzo, e no que tamén pretende facer burla de Joan Garcia de Guilhade". Segundo salienta González, "se temos presente que a tenzón pode desenvolverse como un diálogo ou un debate, a relevancia que acadan estes nomes explÃcase porque tanto Lourenzo como Joan Soarez Coelho foron dous autores capaces de xerar polémica e reaccións no medio trobadoresco".
Rede de Soarez Coello no proxecto
Redes e estamentos
Para alén destas estrelas da tenzón, existen outros nomes que destacan nesta galaxia de autores. "A maior parte dos nomes de autores analizados nesta fase do proxecto son trobadores e xograres destacados dentro da escola lÃrica galego-portuguesa. Desde o rei poeta Afonso X ata compositores tan fundamentais como Joan Airas de Santiago, Martin Moxa, Martin Soarez, Pai Soarez de Taveiros, Pai Gomez Charinho, Pero da Ponte ou Pero Garcia Burgales", explica González. Canda a eles, "hai outros representados dos que conservamos un número reducido de cancións, pero que poden resultar igualmente singulares e de interese para trazar relacións. Tal é o caso de Pero Velho de Taveiros, de quen se conservan unicamente tres cantigas, unha delas unha tenzón co seu irmán Pai Soarez que se acompaña dunha pequena narración a explicar o contexto que propiciou o diálogo". Este resulta un texto "transcendental" que achegou "indicios decisivos para contextualizar os dous irmáns trobadores e para valorar o cultivo da lÃrica na corte galega de Maior Afonso e Rodrigo Gomez de Trastamara". Abundan tamén os autores que figuran como interlocutores unicamente nunha tenzón e que non deixaron máis rastro. "PoderÃa lembrar a participación dun misterioso autor chamado Picandon, que responde ás provocacións e ataques de Joan Soarez Coelho. SerÃa un xograr ao servizo dun trobador, Sordel, a quen Coelho menciona na mesma canción. Este último foi compositor da escola occitana e del consérvanse bastantes informacións a través da documentación da época. AsÃ, sábese que "nos seus tempos mozos o propio Sordel exerceu como xograr e levou un estilo de vida relaxado, mais finalmente conseguirÃa ascender na escala social. Porén, nada se sabe de certo sobre ese xograr Picandon que supostamente o acompañaba e que debateu co noso Joan Soarez, ata tal punto que se chegou a propoñer que tal personaxe non terÃa existido e que se deberÃa a un sobrenome xocoso empregado por Soarez para evocar aquel pasado 'picante' de Sordel".
Ampliar as redes
A intención do proxecto é continuar a actualizar esta rede de relacións medinte a análise de novos textos e a incorporación de máis autores a este mapa. "O deseño da rede global poderá ir gañando matices a medida que vaiamos incorporando máis autores e atendamos a outros tipos de conexión", explica González, que pretende "ampliar a perspectiva contemplando outros tipos de relación para, progresivamente, ir constituÃndo unha visión máis nÃtida, completa e complexa do que serÃa a rede sociocultural e literaria da lÃrica galego-portuguesa". Canda a isto, o Grupo de Investigación de Románicas da Universidade de Santiago, responsable desta iniciativa, está a traballar na edición crÃtica dixital das tenzóns galego-portuguesas.
O Glosabio
Outro proxecto que saltou recentemente á palestra a conectar lÃrica medieval con tecnoloxÃas da información e da comunicación é o Glosabio. Esta ferramenta, nada tamén no Grupo de Investigación de Románicas da USC e dispoñible na rede, cataloga os nomes de lugar ou topónimos e mais os de persoa (antropónimos) presentes nas Cantigas de Santa MarÃa que o rei Afonso X artellou a finais do século XIII con diferentes colaboradores da súa corte. Segundo asegura Manuel Negri, coordinador do proxecto, esta iniciativa "naceu porque desde hai moito tempo habÃa un oco na investigación das Cantigas. Existe un artigo de 1927 que recollÃa os nomes propios do texto a se basear nunha antiga edición crÃtica. Pero aà non estaban todas as entradas e habÃa moitas interpretacións e lecturas que non eran correctas. A partir del, e a ter en conta as fontes da obra, que permitÃan aclarar nomes, apareceu a idea dunha base de datos coma esta, a actualizar a plataforma de xeito que fose máis aproveitable tanto para usuarios especializados como para público xeral". Na actualidade, o Glosabio atópase en proceso, pero conta xa con máis de 140 nomes de persoa e preto de 300 vencellados a lugares. "Hai cousas que revisar e que completar, e faltan aÃnda moitos topónimos", explica Negri. ·"Partimos dunha plataforma que xa se empregou noutros proxectos e para catálogos de bibliotecas e que adaptamos. Cos antropónimos si que rematamos e imos facer unha publicación en papel que se divulgará fóra de Galicia", sinala.
Os achados dos nomes
A análise realizada e o emprego das bases de datos "deu lugar a cousas interesantes. Permitiu investigar sobre cada nome especÃfico e aclarar identificacións que non estaban ben feitas en edicións crÃticas anteriores", explica o investigador. "Apareceu, por exemplo, un nome que poderÃa demostrar a consulta por parte do grupo do traballo do Rei Sabio de fontes que non se consideran canónicas", é dicir, novos textos nos que o grupo que elaborou esta obra se inspirou e adaptou. E é que as Cantigas son en grande medida unha compilación de milagres atribuÃdos a Santa MarÃa que tiñan escenarios e protagonistas moi diversos e que en moitas ocasións xa estaban presentes en tradicións e obras anteriores. A descuberta "poderÃa ampliar as fontes das que se nutriron as Cantigas", sinala Negri, a adiantar un futuro artigo a analizar esta cuestión concreta.
As funcións dos nomes
A grande cantidade de nomes recollidos nesta investigación amosa que o uso de topónimos e antropónimos nesta obra "poden ter varias funcións", segundo apunta este investigador. En ocasións, as referencias a lugares "poden servir para localizar un relato que se transmitiu nunha tradición precedente" e da que se fan eco as composicións desta obra. "En parte están presentes porque nas Cantigas hai a vontade de recuperar milagres que apareceron noutras coleccións europeas. Asà hai moitÃsimos topónimos de Francia ou de Inglaterra, e o que fai o texto é propor esas narracións en galego portugués pero a manter a súa localización orixinal. Entón non se trata tanto dunha vontade de meter nomes doutros lugares de Europa senón que o texto continúa a tradición do xénero literario do milagre mariano".
Captura do mapa cos topónimos recollidos polo Glosabio
Lugares do milagre
Entre os lugares exóticos que aparecen no cancioneiro, destaca a presenza dalgúns tan dispares como Persia, Túnez, Acre ou Escocia onda a localidades próximas como Armenteira. Segundo explica Negri, "as Cantigas parten de diferentes coleccións de milagres elaboradas en distintos lugares de Europa nos séculos XI e XII. Por razóns históricas recóllense tamén moitos topónimos relacionados co Oriente Medio, xa que foi alà onde xurdiu o culto á virxe MarÃa, e o texto recupera aà precedentes bastante antigos. Hai que pensar nesta obra como unha antoloxÃa moi ampla de milagres que recorre a moitas fontes". Canda a estes, "hai moitos nomes de lugares da PenÃnsula Ibérica, a localizar milagres que en ocasións aparecen por vez primeira nesta obra. Con estes dá a sensación de que o rei quixese xerar unha xeografÃa da milagre e da devoción mariana acorde á idea que tiña do seu reino". De feito, dos máis abundantes neste tipo, hai varios da PenÃnsula vencellados con santuarios como Santa MarÃa de Salas, en Aragón, Villasirga ou Terena, con referencias con grupos de milagres que se dan no lugar".
Milagres con nome propio
Pola banda dos nomes de persoa, destacan pola súa presenza as invocacións do santoral. Nos textos "hai moitos nomes de santos que se recollen como exclamacións, pero que non posúen relevancia a nivel narrativo". Outros nomes propios habituais neste corpus son os de familiares do propio Alfonso X. "Neses casos poden ter a utilidade de amosar o favor que a Virxe MarÃa ten por esa familia en particular". A maiores hai casos nos que "cómpre mirar o contexto narrativo, hai personaxes que aparecen porque o protagonista da historia é ese e non outro", e recóllese o seu nome propio. No conxunto de composicións, as mencións a persoas máis abundantes "poida que sexan as relacionadas coa realeza, sobre todo con parentes de Afonso X en liña sucesoria. Isto amosa que o milagre acontece porque ese membro da familia estaba bendicido polos favores marianos. Nese caso a narración é máis precisa, e achega máis contexto sobre os protagonistas e o tempo no que aconteceu". Canda a estas, "dos antropónimos penso que é o do propio Afonso X un dos que máis se repiten. Ao final as Cantigas son a súa obra e el tenta amosar que recibe favores por parte da Virxe. Entón está representado en moitas cantigas e miniaturas nas que aparece como referente e testemuña do milagre". Como outra descuberta curiosa desta análise, Negri apunta que no texto "hai o caso dun nome propios que boa parte da crÃtica pensaba que era un topónimo, pero se entendeu mal e na realidade agocha un personaxe", outro achado que se desenvolverá nun futuro artigo.
Máis Glosabio
Canda a estes artigos pendentes, de cara ao futuro inmediato, o obxectivo dainvestigación é completar a base de datos- "O proxecto está pensado para se actualizar de xeito continuo, sen se vincular a unha publicación en papel. De feito os usuarios poden achegar suxestións, sinalar fontes novas ou outras cousas. En breve temos intención de publicar un volume centrado nos antropónimos con fichas de carácter divulgativo e varios Ãndices".
Comparar cantigas
Non son estas as primeiras propostas que achegan á nosa lÃrica medieval a aproveitar as posibilidades das bases de datos. Xa en 2020 se presentaba a Base de datos paleográfica da lÃrica galego-portuguesa (PalMed), unha iniciativa coordinada polas catedráticas de FiloloxÃa Románica Mercedes Brea e Pilar Lorenzo GradÃn, xunto ao doutor Antonio Fernández Guiadanes e o informático Carlos Sánchez no seo do mesmo grupo de investigación da USC. Este proxecto, tamén dispoñible na rede para o público, permite comparar as múltiples versións de cantigas que se conservan en distintos manuscritos da lÃrica profana da época. Isto facilita verificar os diferentes xeitos nos que se escribÃa unha mesma palabra en diferentes lugares e momentos, e facilita o traballo de investigación en ámbitos como os estudos paleográficos, grafemáticos, editoriais ou lingüÃsticos sobre a produción trobadoresca.
Comparación das tres versións dunha cantiga no PalMed
Procuras e datos extra
Segundo destaca a presentación do proxecto na USC, PalMed proporciona "a transcrición literal dos textos tal e como están copiados nos cancioneiros, que van acompañadas das imaxes dos manuscritos. Ademais, engádese información sobre os caracteres orixinais naqueles casos nos que a súa lectura pode resultar máis complexa, como é o caso do sistema de abreviaturas empregado polos distintos copistas dos códices", unha proposta que resultou pioneira a nivel internacional pola súa fidelidade á escrita orixinal dos textos. O web permite desde follear os cancioneiros páxina a páxina mediante as súas versións dixitalizadas a cotexar diferentes transcricións ou procurar palabras e secuencias de caracteres. Ademais dos textos estritamente poéticos, a base de datos incorpora as chamadas "escrituras anexas", como correccións, notas marxinais e outros elementos que están presente nos códices. Estes elementos, que poden semellar menores, achegan "datos de enorme relevancia sobre aspectos como os principios de emenda e corrección efectuados na época de produción dos manuscritos, as prácticas de escritura dos copistas, a estratigrafÃa da tradición manuscrita ou a intervención de mans tardÃas", segundo lembra a presentación do proxecto.
Os textos base
A proposta xurdiu como complemento doutra, a MedDB, a Base de datos da lÃrica profana galego-portuguesa que nos anos 90 puxo en liña as edicións crÃticas de referencia de todas as composicións dos trobadores. Este proxecto, que recibiu a súa última actualización en 2021, permite acceder aos textos deste corpus e realizar buscas nos mesmos, ademais de contar con notas biográficas sobre os autores.
Como se pode comprobar, a lÃrica medieval admite múltiples achegamentos desde as bases de datos e as tecnoloxÃas da información e da comunicación. O coñecemento que é posible extraer destes textos multiplÃcase e chega con máis facilidade ao público deste estas novas abordaxes. Está aÃnda por ver ata que punto estas investigacións poden revolucionar a percepción sobre este perÃodo do noso pasado, pero desde claro o camiño resulta prometedor.