Moitas das palabras malsoantes que empregamos hoxe en dÃa xa se utilizaban no mesmo contexto na Idade Media. Coñecer as palabras que se empregan nas cantigas medievais permÃtenos coñecer máis polo miúdo o xeito en que se transmitiu e mudou a nosa lingua, ao tempo que nos achega aos galegos dunha época na que o noso era un idioma de prestixio.
A pasada semana un grupo de especialistas reunÃanse no Centro Ramón Piñeiro no Coloquio Internacional sobre Vocabulario Trobadoresco, onde se presentaron diferentes avances neste campo de investigación. Deste xeito, o Ramón Piñeiro presentou a nova versión en rede do MedDB o Corpus da Cantigas Medievais que permite a calquera investigador coñecer polo miúdo estes textos. Desde a Coruña, o profesor Manuel Ferreiro presentou o seu proxecto do Glosario CrÃtico da LÃrica Profana Galego-Portuguesa, un proxecto que quere recompilar e definir todo o vocabulario que aparece nestes textos.
A importancia das cantigas
Para Ferreiro, investigar este ámbito é de grande importancia para a nosa cultura. "Somos o que somos porque houbo antes ca nós outros que existiron, falaron, escribiron e investigaron. Os galegos temos que buscar agora un futuro no noso pasado. A nivel lingüÃstico e cultural, o estudo dos textos antigos e máis concretamente os trobadorescos é moi importante porque, cando menos para min, as cantigas son o monumento literario máis importante da literatura galega". Segundo este investigador "estes textos amosan o potencial creativo do noso pobo e dos nosos autores nun momento no que existÃa unha situación lingüÃstica normalizada. Agora que tentamos crear un futuro digno para o paÃs, o estudo destes tempos é fundamental. Para máis, son textos plenamente actuais porque teñen unha grande calidade literaria e técnica".
A vida nos versos
E é que certamente, as cantigas deixáronnos un importante mostra de léxico nos máis variados campos, que nos conecta coa xente que viviu neste paÃs hai máis de medio milenio. Ferreiro fai unha acendida defensa da na necesidade de coñecermos esta obra literaria. "Estes textos o que representan é a vida do seu momento. Entón falan de todo o que é humano, e non só, cuns termos ben semellantes aos de hoxe. Falan da terra e do mar, das árbores e do céo, falan dos homes e das mulleres, dos amigos e amigas, dos sentimentos, do amor, do sufrimento da coita. Falan da luz e da escuridade, das animais, das aves, dos cervos ou dos humanos. Aparece unha paisaxe de personaxes concretas cuns nomes que son os que aÃnda hoxe empregamos. Está Xoán, Paio, MarÃa, Mariña, con apelidos ou sen eles. Falan dos cantares e da composición literaria. Falan das estacións, da neve e da xeada. Aparecen tamén os nomes da terra: Galiza, Santiago, Lugo, os lugares pequenos. Falan das nais e dos fillos, dos carballos, das rúas e das fontes, e sobre todo nas cantigas de escarnio fano cunha liberdade de expresión envexable. Alà atopamos palabras que hoxe se catalogan como de expresión baixa e que continúan. Aà aparece carallo e foder e moitos outros vocablos. Falan de conflitos xurÃdicos e da vida, en fin, con problemas moi semellantes aos que temos os humanos de hoxe, e é por iso que a súa lectura é moi recomendable".
O glosario
Malia a que investigación sobre estes textos leva xa máis dun século e medio en marcha, aÃnda existen importantes eivas no noso paÃs. "Chegou a hora de que o paÃs tome consciencia e se traballe estes textos desde aquÃ. Hai máis de cen anos que se está a estudar a lÃrica galego-portuguesa, e hai figuras fundamentais coma Graça de Vasconcellos ou Rodrigues Lapa, pero a maior parte dos traballos fixéronos portugueses e italianos, tamén franceses e alemáns". Precisamente coa intención de encher unha destas lagoas é que este investigador se lanzou a compilar este Glosario crÃtico. "Con todo este tempo de estudo, é sorprendente que aÃnda nose fixese un glosario completo e exhaustivo co léxico das cantigas. Existen contribucións parciais pero son irregulares. Agora pretendemos facer ese glosario conxunto e iso supón un traballo certamente laborioso", explica.
O traballo
Para alén do grande volume de textos a analizar, debemos ter en conta propia dificultade do material. "O proceso é complexo porque existen moitos problemas mesmo para fixar o texto. Traballamos con termos que moitas veces desapareceron ou dos que non se coñece o significado exacto", lembra Ferreiro. O traballo do glosario promete aÃnda levar un bo tempo para se completar. Ferreiro recoñece que recentemente viu denegada a axuda que solicitara no Goberno Central para este proxecto. "Facer, vaise facer, pero o ritmo vai mudar moito segundo haxa apoio ou non. Se podo contratar unha ou dúas persoas para facer determinados traballos a cousa irá moito máis rápido que se me teño que encargar eu de todo", apunta este investigador.