Primeira criba para os Premios Follas Novas do Libro Galego

Os colectivos que organizan os galardóns elixen o listado de candidaturas

  • Case un cento de obras conforman a primeira selección de candidaturas aos premios Follas Novas do Libro Galego, sobre os títulos publicados ata o último día de novembro do pasado 2023. Os colectivos que organizan estes galardóns, Asociación de ...

Falece o Padre Xesús Mato aos 91 anos

Foi 'alma mater' de Fuxan os Ventos que creou en 1972 a partires dun coro local

  • O martes de Entroido comeza coa mala noticia do falecemento de Xesús Mato, o 'Padre Mato', aos 91 anos de idade. O xornal El Progreso de Lugo daba a coñecer hoxe a noticia do pasamento deste relixioso cuxa intervención cultural tivo un forte impac...

Novas propostas recuperan entroidos tradicionais por todo o país

Soutomaior, Porto do Son, Mos ou Ribadeo incorporan figuras e costumes propios destas festas

  • A recuperación de entroidos tradicionais continúa en Galicia. Logo de anos de predominio das recreacións destas celebracións nas provincias de Ourense e de Lugo, localidades da Coruña e de Pontevedra apostan por reivindicar as súas propias más...

'Clásicas desfeitas' converte en experiencia "inmersiva" o Hamlet de Cunqueiro

O ciclo da Cidade da Cultura comeza esta fin de semana as representacións das obras saídas das residencias artísticas do Gaiás

  • O ciclo de teatro 'Clásicas Desfeitas', promovido polo Centro Dramático Galego e a Cidade da Cultura, presenta en febreiro unha nova edición da súa proposta de apoio á creación que permite redescubrir obras e autores da literatura galega e univ...

Vogal, unha aplicación para localizar cine galego en versión orixinal

É un proxecto da enxeñeira Inés San Luís

  • Inés San Luís é unha moza enxeñeira informática que acaba de publicar Vogal, unha aplicación para "descubrir series e películas en versión orixinal galega". Vogal permite acceder a unha serie de datos sobre as producións e as plataformas ond...

A Compañía Souvenir estrea hoxe 'Non é unha canción'

O primeiro espectáculo para salas da compañía explora os temas do turismo de masa e a Intelixencia Artificial

  • A compañía de teatro contemporáneo e artes do movemento Souvenir presenta hoxe o seu espectáculo, "Non é unha canción", no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. A montaxe, dirixida e interpretada por David Alonso e María de las Llanderas, inte...

A diferenza dos fanzines

Ramón Mariño Fernández presenta unha obra pioneira sobre as propostas galegas de autoedición

  • De distribución limitada, con temáticas minoritarias e realizados a miúdo desde as marxes da cultura, os fanzines compoñen un mundo moi pouco coñecido para o conxunto da sociedade galega. A paliar ese descoñecemento, Ramón Mariño Fernández a...

Ferrol presenta o programa para o ano dedicado a Torrente Ballester

Diversas actividades servirán para recordar ao autor no seu 25 cabodano

  • O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, xunto ao concelleiro de Cultura, José Antonio Ponte Far, presentaron a programación conmemorativa do ano de Gonzalo Torrente Ballester (1910-1999), no 25 aniversario do seu falecemento. As primeiras act...

Cultura restaurará as fachadas e cubertas da basílica de Santa María de Pontevedra

As obras contarán cun orzamento de máis de 500.000 euros

  • A Xunta acaba de abrir o concurso para licitar a restauración da basílica de Santa María a Maior de Pontevedra, un dos edificios relixiosos emblemáticos de Pontevedra e de factura maiormente no século XVI. as obras afectarán a limpeza e correcc...

O 2023 desde o miradoiro (I)

Noel Feáns e Rosa Benavides comentan as tendencias na música e no patrimonio cultural

  • 2023 foi un ano intenso e cheo de desafíos que comezamos a ver en perspectiva. Como é habitual, solicitamos a diferentes profesionais e activistas dos diferentes sectores culturais do país a súa visión do que deu de si este ano. Comezamos coa m...

A BNE ofrece a obra dixitalizada de autores galegos que pasan a dominio público

Pasan a dominio público autores como Lois Tobío Campos, Basilio Álvarez, Federico Maciñeira, Lisardo R. Barreiro ou César Abellás

  • Como é habitual a primeiros de cada ano, a Biblioteca Nacional de España presenta a unha lista de obras dixitalizadas e postas a disposición libremente de autores cuxa obra pasa a dominio público co ano conforme á caducidade dos dereitos de auto...

Xosé Ricardo Losada gaña o XXII certame Avilés de Taramancos

O premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro foi para José Luis Baños

  • O ano 2023 despediuse resolvendo nos derradeiros días algúns dos premios literarios que aínda quedaban por fallar dos convocados no ano. Xosé Ricardo Losada (Rianxo, 1961) fíxose co XXIIº Certame Literario de Relato de Aventuras Avilés de Tara...

Manuel Vieites e Madó Santos premiados pola Academia Galega de Teatro

A entidade ve neles un conxunto de pensamento e acción a prol do teatro galego que merece recoñecemento

  • A Academia Galega de Teatro (AGT) homenaxeará este ano á programadora do Concello de Muros, Madó Santos e ao escritor, editor e investigador Manuel Vieites cos seus Premios de honra para 2024. A través dun comunicado a AGT sinala que con esta dec...

O proxecto Nós inicia unha campaña para captar voces en galego

Búscase acadar 1000 horas de gravación

  • O proxecto Nós, a iniciativa de produción de tecnoloxías lingüísticas para o seu emprego en dispositivos intelixentes, presentou a campaña AgasallaNós , solicitando a doazón altruísta de voces para recoller a variedade fonética e dialectal ...

Alberto Vilas fai un percorrido a piano pola música popular galega

O artista presenta o seu novo traballo "Once cancións e unha danza"

  • O pianista Alberto Vilas ten un novo traballo discográfico "Once cancións e unha danza" (AMG Music, 2023), un proxecto co que entra desde o clásico, e o jazz na música popular galega. O compositor busca nas súas raíces redondelás para dedicar ...

O petróglifo das mil caras

A limpeza da estación rupestre da Eira dos Mouros, no castro da Cividade (Cerdedo-Cotobade) evidencia os cambios na arqueoloxía galega

  • Pode un petróglifo amosar cousas distintas cada vez que se mira no lapso duns poucos anos? O petróglifo da Eira dos Mouros, localizado no interior do castro da Cividade, en San Xurxo de Sacos (Cerdedo-Cotobade) mereceu unha especial atención por p...

Maximino Zumalave despídese como director asociado da Real Filharmonía de Galicia tras 27 anos

No seu último concerto contará coa soprano Carmen Buendía, gañadora do concurso de canto Compostela Lírica 2022

  • O mestre santiagués Maximino Zumalave dirixirá o seu último concerto como director asociado da Real Filharmonía de Galicia despois de 27 anos, este xoves 14 no Auditorio de Galicia de Santiago. O director, vencellado neste posto á orquestra desd...

Premio para a webserie 'A arte de ser (mal) pai' no festival internacional Serializados

A produción galega xa obtivera anteriormente galardóns no Carballo Interplay

  • O Festival Internacional de Series [Serializados] celebrado en Barcelona, Madrid e a través da plataforma Filmín, ven de premiar á webserie "A arte de ser (mal) pai", dirixida por Jorge Boquete para Miraveo co galardón do xurado DAMA ao "Mellor e...

Polígonos de hai dous mil anos

A nova campaña no castro de O Sarridal revela unha área industrial ás portas da croa

  • Cando novo o arqueólogo Emilio Ramil lía nos cómics de Asterix e Obelix as protestas dos veciños da aldea gala polo ruído incesante que provocaba o ferreiro na súa forxa. Ramil lembrou isto mesmo estes días, ao escavar unha forxa completa no c...

O misterio das pedras con memoria

Localizan no castro dos Penedos (Salvaterra) un enigmático espazo de posible uso relixioso ao redor de dous grandes penedos

  • Nalgún momento da idade do Ferro, os habitantes do castro dos Penedos, entre as parroquias de Soutolobre e Lourido (Salvaterra do Miño) desprazaron dous enormes batolitos de unhas doce toneladas e construíron unha cabana circular para gardalos. O ...