Cultura restaurará as fachadas e cubertas da basílica de Santa María de Pontevedra

As obras contarán cun orzamento de máis de 500.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Cultura restaurará as fachadas e cubertas da basílica de Santa María de Pontevedra

A Xunta acaba de abrir o concurso para licitar a restauración da basílica de Santa María a Maior de Pontevedra, un dos edificios relixiosos emblemáticos de Pontevedra e de factura maiormente no século XVI. as obras afectarán a limpeza e corrección de alteracións na fachada, na solución de problemas de estanquidade nas cubertas e na mellora da seguridade nos accesos a estas. O importe de licitación é de 500.801 euros e supón un incremento de 30.000 euros con respecto á convocatoria anterior, de xullo deste ano, que ficara deserta e sen empresas que concorreran. O incremento ten por obxectivo facilitar o interese das empresas.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra

Claves

Lugares