Aberta a licitación para restaurar a fachada de santa María a Real de Entrimo

A actuación terá un custe de máis de 327.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Igrexa de santa María a Real de Entrimo. Foto: Obobriga / Wikipedia

Igrexa de santa María a Real de Entrimo. Foto: Obobriga / Wikipedia

A igrexa de santa María a Real de Entrimo (Ourense) é un coñecido exemplo do barroco churrigueresco, iniciada a finais do século XVII, e sorprende polas súas dimensións e a riqueza escultórica. As súas emblemáticas van ser restauradas. A Xunta acaba de publicar o concurso de licitación para a restauración das súas fachadas por un importe de máis de 327.000 euros. Na actualidade, a Xunta sinala que a fachada ten problemáticas derivadas da auga que afecta á fachada principal, á fachada oeste, moi afectada pola biocolonización e tamén entra polo final das naves e na zona do baptisterio. As obras deberán estar rematadas en 2026.

Que che parece esta nova?
89 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Barroco, Ourense

Claves

Conceptos
Lugares