De distribución limitada, con temáticas minoritarias e realizados a miúdo desde as marxes da cultura, os fanzines compoñen un mundo moi pouco coñecido para o conxunto da sociedade galega. A paliar ese descoñecemento, Ramón Mariño Fernández acaba de presentar Fanzines en Galiza, unha obra na que repasa a historia e a tipoloxías destas publicacións e sinala ademais características específicas para as realizadas no noso país.
Este 29 de xaneiro o NUMAX en Santiago de Compostela, acolle a presentación do libro no que Ramón Mariño pon unha pedra fundamental no estudo académico da autoedición no noso país. Fanzines en Galiza, publicado por Laiovento, fai un repaso pola evolución deste tipo de publicacións a nivel internacional, define as súas características e repasa a cronoloxía das mesmas no noso país. A obra xorde a partir dunha tese que Mariño leu en 2011 codirixida por Luís Álvarez Pousa na Facultade de Ciencias da Comunicación e por Xosé Luís Barreiro na de Ciencias Políticas da Universidade de Santiago. Neste estudo, o autor tiña clara a necesidade de atender o fenómeno da autoedición alén do seu carácter de expresión artística. "Eu quería darlle un enfoque político, no sentido de amosar que estas publicacións non son só para cómic ou ciencia ficción, senón que tamén funcionan como plataformas de expresión social, política e cultural en todos os sentidos", explica.
Pescuda pioneira
O proxecto enfrontouse ás dificultades propias do seu carácter pioneiro no estudo deste ámbito cultural. "Cando comecei a procurar vin que só existía bibliografía en inglés, en castelán había moi pouca. A nivel estatal atopei un traballo fin de mestrado de José Ángel Abril que tomei como modelo para estruturar a tese", explica este investigador. Canda a isto salienta publicacións como as realizadas polo dúo composto por Kike Babas (Enrique Suárez) e Kike Turrón (Enrique Conde) nos anos 90 a tentar catalogar a produción neste ámbito no conxunto de España. A nivel galego, o autor apunta outras análises como a tese que realizou Rosa Cal sobre La prensa alternativa en la zona "no urbana" de Galicia (1975-1984)", cun importante traballo de campo. Segundo apunta, o descoñecemento deste tipo de propostas está relacionado coa súa valoración social. "En xeral en España os fanzines son publicacións que estaban moi deostadas, agás en lugares como Sevilla, Madrid e Barcelona", advirte.
Arqueoloxía de fotocopias
Ante estas eivas, os contactos persoais, os arquivos privados e a historia oral apareceron como fontes fundamentais para a investigación de Mariño. "Unha coñecida tiña unha pequena colección de fanzines dos anos 90, e a partir de aí coñecín a algunhas persoas que estiveran no Noxxxo de Ourense. Isto deu para tirar do fío e atopar xente que participara do fanzine que saía na primeira casa okupa de Compostela, na rúa Loureiros, que logo desde a Casa Encantada sacaron Belvís Tudai". Canda a estes, "foron aparecendo títulos como La Hormiga Enana e Uso Externo da Coruña, ou Tintimán de Vigo", cabeceiras das que en moitos casos apenas fican pegadas e que lle permitiron afondar nas súas investigacións.
As características comúns
Para alén de repasar a historia dos fanzines, Mariño aborda na súa obra unha tentativa de definir este tipo de cabeceiras, a atender ao seu carácter activista e non profesional. Deste xeito, sinala cuestións como a tendencia a unha estética rupturista, en ocasións derivada das tradicionais fotocopias que lle deron soporte a estas publicacións. Tamén apunta características como a aposta pola caricatura e por certas formas de expresión como a linguaxe inclusiva, na que foron vangarda, ou o emprego do k no canto do c e do q. A sinalizar as peculiaridades destes proxectos autoeditados, Mariño lembra que "como elementos distintivos está o feito de seren creacións fóra dos cursos editoriais habituais, o non ser medios profesionais e non ter unha redacción fixa. En moitos casos nin tiñan prezo, só tentaban cubrir os gastos materiais da impresión. E logo en xeral non existe unha liña editorial clara, danlle cabida a todo tipo de creacións".
A política e a estética
Segundo este investigador, o vencello político está na base das primeiras cabeceiras autopublicadas no noso país, onde aparecen a coincidir cunha vaga internacional. "Foi nos anos 70 cando estoupa a vaga punk", lembra o autor. Antes desa época o fanzine "estaba enfocado en ámbitos como a ciencia ficción ou a literatura", explica Mariño a seguir a clasificación de Russ Chauvenet. "A partir de entón o nome fanzine xa comezou a ter moita carga de protesta", que no noso país coincidiu ademais coas publicacións máis ou menos clandestinas contra o franquismo. Fronte a este alborexar, "durante os anos 80 a maior parte eran do ámbito máis cultural e creativo". Dentro das propostas históricas galegas de autoedición da época "era común a aspiración de desenvolvemento cultural. Pretendían demostrar que Galicia podía facer moitas cousas no sentido artístico e creativo, que non estaba illada como se pensaba no resto da Península. Moitas destas cabeceiras tiñan contacto con Madrid". No período "o cómic foi a expresión artística máis destacada nos fanzines, aínda que tamén había fotografías e poesía".
A volta ás políticas
Na década a seguir este tipo de publicacións "comezaron a tomar forza dentro da expresión política de movementos de xente nova situados no ámbito extraparlamentario, desde ecoloxistas ou feministas ata okupas", explica Mariño. No noso país "houbo propostas moi combativas sobre todo en ámbitos como o feminismo, en ocasións vencelladas ao movemento Riot Grrrl, do que se copiaron estética e ideas. No noso país houbo fanzines feministas que reivindicaban o papel da muller non só dentro dunha igualdade politicamente correcta, senón real". Canda a estes, o investigador salienta cabeceiras como S'homos, primeiro fanzine LGTBI galego. A orientación dalgunhas destas publicacións causou problemas aos colectivos que as promovían. "Non é que fosen perseguidas, pero si que causaron molestias en lugares nos que se publicaron, precisamente porque dicían cousas que as autoridades non querían que se contaran", apunta. Lembra neste sentido o equipo que levaba As cousas claras de Lalín, a quen o alcalde José Crespo chamou ao seu despacho e recriminou por teren feito mofa do lema "Lalín pola cultura" a transformalo en "Lalín pouca cultura". Dentro dos obxectivos destas publicacións, o investigador apunta que "tiñan moita carga as cuestións ambientais, a política, a idea de ter que estar enriba dos partidos para conseguir cousas a nivel local".
As características galegas
Precisamente exemplos coma este amosan que no noso país "este non era só un fenómeno urbano, senón que entre a xente máis nova do rural ou de concellos moi pequenos a xente nova tamén se movía". Pon como exemplo neste campo o proxecto Éche o demo de Redondela. "Estaba moi ben elaborado, con colaxes, e textos, e tamén tiveron roces coas autoridades locais", explica. No entanto recoñece que "no ámbito urbano os promotores dos fanzines podían pasar algo máis desapercibidos", o que facilitaba o desenvolvemento de propostas deste tipo nas cidades. Canda a esa orientación máis vilega e rural, a análise de Mariño salienta que "a grande diferenza dos fanzines no noso país é o uso do galego. Nos anos 80 houbera moitísimos en castelán, e aínda que nos 90 tamén se seguiron facendo apareceron moitos en galego, tanto en cidades como no rural".
Política fóra das cidades
A exemplificar da implicación política destas publicacións, Mariño salienta que "foi nun fanzine que se publicou a primeira reportaxe sobre as mulleres que cosían prendas para Zara a cobrar en negro na súa casa. Foi auténtico xornalismo de investigación e a primeira vez que alguén falou sobre como se repartía este traballo". De xeito similar "coma eses houbo contidos a falar de protestas contra as verteduras nos ríos ou sobre a perda do patrimonio arquitectónico a prol da especulación urbanística en moitas vilas". Ao seu ver, "nestas publicacións vese que a xente nova quería vivir no rural pero ao tempo querían ter oportunidades. Non querían seguir igual que os seus pais e os seus avós, querían amosar que era posible vivir doutros xeitos no mesmo sitio".
O perzine
Dentro da evolución do medio nas últimas décadas, Mariño apunta o maior peso que está a obter o perzine no panorama galego. "Trátase dun fanzine persoal, que expresa as ideas de cadaquén. Aínda que hoxe pode haber cabeceiras que continúan coa pulsión da protesta social, moitas destas ansias por se expresar leváronse a Internet mediante webs, blogs ou redes sociais". No entanto advirte que o formato en papel "continúa a existir e pode reflectir as mesmas ideas de hai vinte anos". Deste xeito, hoxe abundan propostas autoeditadas "de creatividade persoal, dedicadas a ámbitos como a poesía e ao debuxo. Aparecen como o máis habitual, pero vexo tamén que xorden publicacións vinculadas a cousas que se fan na rede". A evolución nos formatos é para este investigador "algo xeracional. Cando eu estaba na escola facíamos a revista do centro con fotocopias. Hoxe ata sae máis barato montar un web ou un blog ou o que sexa e expandilo pola rede do que publicar un fanzine".
O potencial
O potencial dos fanzines a nivel creativo fica especialmente de relevo no campo da banda deseñada do noso país. "Houbo propostas como Barsowia", na primeira década dos 2000, "que foi unha plataforma pra dar a coñecer o traballo de deseñadores e guionistas galegos que en moitos casos transcenderon" e chegaron á profesionalización, con casos destacados de éxito internacional como David Rubín ou Emma Ríos. Tamén de xeito previo, Miguelanxo Prado ou Das Pastoras iniciaron as súas carreiras a se autopublicar en Xofre (1979) son outros exemplos neste sentido. No entanto, o autor advirte da necesidade de non reducir a idea de fanzine aos dedicados ao cómic, "son cousas totalmente diferentes" salienta.
A Fanzinoteca
Aínda que a investigación académica sobre a cuestión non foi prolífica no noso país, si que existiron iniciativas previas que tentaron reivindicar esta forma de expresión e conformar un fondo que puidese ser vase para futuras accións de divulgación ou análise. Así, a Casa da Xuventude de Ourense acolleu durante case unha década unha "Fanzinoteca" promovida polo colectivo Phanzynex. "A Casa da Xuventude é un referente para o mundo dos fanzines galegos. Alí conviviron coletivos de todo tipo, anarquistas, nacionalistas ou de esquerda radical e de alí saíron fanzines como Adoquín ou Noxxxo", lembra Mariño. No marco da Fanzinoteca "recibían fanzines de todo o mundo, mediante intercambios". No fondo "existían publicacións dos países do Leste, de Croacia, Chequia, Alemaña ou Francia". Uns fondos que na actualidade están custodiados na Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura. Dentro das súas pescudas, este investigador lembra tamén casos curiosos como Camello, publicación realizada polos presos da cadea provincial da Coruña, ou Komando Kutxarilla, na de Bonxe (Outeiro de Rei).
O traballo de Mariño non propón unha listaxe exhaustiva de publicacións deste tipo que se teñen realizado no noso país, e o autor recoñece que aínda fica moito traballo por realizar neste campo. "Existen coleccións privadas pero hai aínda moitísimo que explorar" de cara a completar a historia da autoedición galega.
Galería de fanzines galegos
Noxxxo número 2. Ourense 1993
Noxxxo en liña
Desastre Nuclear 3. Pontevedra 2006
Lixo Urbano número 0 Santiago de Compostela
Parodia do lema de Lalín no fanzine As cousas claras Lalín anos 90
S'Homos 7 Santiago de Compostela 1994
S'Homos en liña