Nestes albores do século XXI, a rede consolÃdase coma un espazo imprescindible para dar a coñecer todo tipo de proxectos culturais. Ao tempo, cada vez popularÃzase máis a impresión dixital como medio para editar tiraxes curtas. No entanto, sobreviven aÃnda no noso paÃs propostas que teñen como soporte a humilde e socorrida fotocopia. Sexa por gusto estético ou artÃstico ou sexa por aforrar custos, este formato de impresión mantense na primeira liña.
Poida que xa teña pasado a época dourada da fotocopia como xeito máis común de espallar iniciativas culturais de base. Os formatos en que se ten empregado este sistema van desde os aÃnda comúns carteis e trÃpticos para anunciar actos ata follas volandeiras e pasquÃns con contidos poéticos e artÃsticos de todo tipo. Un paso alén no deseño e complexidade atopamos un número inmenso de fanzines, quizais a forma máis caracterÃstica deste tipo de edición, con múltiples eixes temáticos que van desde a literatura á BD pasando pola expresión artÃstica máis variada. Mesmo libros completos teñen visto a luz mediante a reprografÃa, que semella estar a pasar dos seus máis gloriosos dÃas a unha certa etapa de crise á que non son alleas as novas tecnoloxÃas da información e da comunicación.
Os bordes da copia
Malia á imaxe xeral que todos temos, os lÃmites do concepto fotocopia son ben máis difusos do que poderÃa semellar. Henrique Torreiro, responsable durante anos da Fanzinoteca da Casa da Xuventude de Ourense, explica que, ao seu ver, "tecnicamente a impresión dixital non deixa de ser unha fotocopia, só que en vez de basearse nun sistema óptico emprega o dixital". De partirmos desta premisa, a reprografÃa manterÃase completamente vixente na difusión cultural. "Continúa a ser imprescindible porque proporciona a posibilidade da pequena edición, ademais a calidade mellorou moito", explica Torreiro. "De feito", advirte, "rómpense cada vez máis as barreiras entre o profesional e o amador, a diferenza en moitos casos é quen está detrás e non o produto en si". Se nos movemos dentro das marxes do que convencionalmente entendemos por fotocopias, Torreiro veo claro: "a tradicional véxoa case morta. Entendida como sistema analóxico segue a ser necesaria, pero a autentica revolución no mundo da microedición ou `small press´ son os sistemas virtuais coma os blogs ou as experiencias web en xeral". Desde o nacemento da técnica nos anos sesenta, "penso que foron os anos oitenta e comezos dos noventa os máis álxidos neste sentido", explica Torreiro, "sobre todo por cuestións técnicas, antes non estaban xeneralizadas as máquinas e tampouco os ordenadores", completa.
A poesÃa en copia
Unha das máis recentes propostas de creación poética reprografiada é a distribución de "O livro das confusons", unha obra que Igor LugrÃs oferta de balde desde o seu blog "Ovnis e isoglossas". Segundo figura no propio libro "a ediçom consta de uns quantos exemplares, fotocopiados a mao polo autor". "A técnica, que agora ofrece resultados moi bos e de grande calidade, é unha opción válida, barata e rápida", explica LugrÃs. Segundo el, a falta de interese das editoras foi o que o empurrou "novamente" a optar pola autoedición. "A autoedición permitÃame controlar todos os aspectos do libro como obxecto: formato, cores, capa, tipo de letra deseño... e tamén a súa distribución. Supón unha grande liberdade non só ser autor dos poemas, senón tamén autor do libro, xa que as fotocopias están feitas por min mesmo, a traballar directamente na máquina". O feito de ser esta unha edición á carta, explica tamén a elección, xa que "permiten ir tirando exemplares segundo os preciso". Polo momento foron como un cento de exemplares, que non é pouco para un libro de poesÃa e para este sistema de difusión. LugrÃs ten claras as posibilidades de futuro deste formato: "se algunha cousa impresa sobrevive a Internet, serán as edicións baratas deste tipo". A impresión de textos descargados na rede e a superación do concepto de copyright e mais da actual "trama chamada industria editorial" están, ao ver deste poeta, estreitamente relacionadas.
Outros poemas
Dun xeito menos elaborado e quizais con algo menos de difusión do que na última década, as follas volandeiras constitúen outra proposta poética estreitamente vencellada ás fotocopias. Coa forma dun folio A4 ou dun A3 dobrado nun prego, estas mÃnimas publicacións de colectivos poéticos coma Humilladoiro ou Ollo foron unha vÃa de presentación de novos autores. Tamén desde este formato ata a forma de revista evoluÃu "A Caramuxa", do colectivo cultural Sacou de Noia. A medio camiño entre a poesÃa mais a arte están boa parte das creacións da Corporación Semiótica Galega. Segundo explican desde este laboratorio creativo "o traballo da corporación emprega material multimedia e iconas da vida diaria, e nese xogo de significados a fotocopia é un medio que se axusta moito á mentalidade de hoxe". Para a Corporación, este medio mantense de actualidade xa que "é rápido e eficaz, e vai en consonancia con criterios que están á orde do dÃa, comas de autorÃa, orixinal e copia", de feito, establecénse paralelismos entre a reprografÃa convencional e os sistemas de intercambio de arquivos por Internet. "Non son máis que unha forma diferente de copia e transmisión democrática e acceso da transmisión e da comunicación", completan.
Copia BD
Unha das artes que máis estreitamente estivo vencellada ás fotocopias, en grande medida pola súa condición durante moito tempo de marxinal na cultura oficial, foi a banda deseñada. Na nosa cultura, ademais, onde a novena arte se mantivo nas últimas décadas a base do traballo de afeccionados, os fanzines fotocopiados constitúen un dos soportes básicos nos que se foron desenvolvendo as iniciativas deste tipo. Malia á escasa calidade gráfica do soporte e á limitación técnica encol da cor, aÃnda hoxe tÃtulos coma "Fuck Cómics" ou as diferentes mini-historias que edita Mariano Casas mantéñense fieis ao formato. Ao tempo increméntanse, como non podÃa ser doutro xeito, as apostas que optan pola autoedición por imprenta e con materiais de maior calidade. Desde "Fuck Cómics" apuntan á economÃa como primeira razón da escolla. "Era a opción que máis económica nos saia, na imprenta se máis barato sempre que fagas un número elevado de copias". Pola súa banda, un dos promotores do fanzine "Carne lÃquida", Brais RodrÃguez, explÃcanos as razóns da súa elección. "En primeiro lugar, porque sae moi económico e permite unha tiraxe moi pequena. Con vinte euros podemos tirar ao mellor cincuenta exemplares, e a verdade é que non temos moita máis intención", explica. "Ademais, o fanzine fotocopiado acaba sendo tamén unha estética en si, que é unha cuestión de tamén nos interesa". Encol da vixencia deste formato, este autor considera que "ten tanto futuro coma o cómic en papel, sexa a edición que sexa" e reivindica a súa utilidade na formación de novos autores "sobre todo pode ser interesante para a xente que comeza, aÃnda que se está a deixar bastante abandonada. Na actualidade aÃnda todos os autores comezamos con este formato", conclúe. Tamén desde "Fuck Cómics" confÃan na supervivencia da reprografÃa, "é o mais rendible en canto a tiradas pequenas respecta", explican.
Copias plásticas
A outro nivel, a reprografÃa é unha vella coñecida dos artistas plásticos xa desde os ano sesenta, e mesmo deu lugar á denominación de Copy-art. Máis preto de nós, as posibilidades deste sistema de impresión electrónica tratáronse de xeito tanxencial ao longo do último ano dentro das distintas actividades do Proxecto_Edición do CGAC, o MARCO e mais a Fundación Seoane. Neste sentido, por exemplo, a iniciativa "Paperback" centrábase o pasado mes de setembro nas edicións baratas, tocando de xeito inevitable o formato que nos ocupa. Fóra de eventos concretos, un dos creadores que no noso paÃs máis está a apostar por este formato é Mauro Trastoy. Este artista coordina, canda a Luz Castro "300", un fanzine artÃstico que tira ese número de exemplares e que se distribúe en bares composteláns. A elección da reprografÃa debeuse desta volta a cuestións tanto artÃsticas coma económicas. "Quixemos facer un fanzine autoxestionado, que fose en fotocopia coma os primeiros fanzines, que a xente collÃa e fotocopiaba á súa vez. Collemos papel reciclado, do mais barato, e o branco e negro, aÃnda que poderÃamos ter conseguido patrocinio de moitas imprentas para tiralo con mellor calidade". Este creador ten claro que "o formato non se esgotou", e lembra que "desde hai xa quince ou vinte anos existe en Cuenca do Museo da ElectrografÃa, e alà teñen investigado moito sobre esta cuestión". Polo momento o seu proxecto continúa a bo ritmo e está a piques de distribuÃr o cuarto número.
Outras culturas de copia
Canda estas propostas máis ou menos de autor, mantéñense moitas outras de difÃcil enumeración, como moi ben nos lembran os propios membros de "Fuck Cómics", "moitos outros fanzines de Vigo, non so de cómics, senón tamén de música ou de polÃtica recorren ás fotocopias". Canda a isto, non debemos esquecer o papel crucial que as fotocopias desenvolven dando soporte a boletÃns de bibliotecas, asociacións culturais ou colectivos de todo tipo. Ou o seu papel de transmisoras de cultura na forma de apuntamentos, resumos de conferencias, programacións e todo tipo de impresións destinadas polo xeral á difusión limitada e cun carácter polo xeral perecedoiro. Polo momento, semella que as humildes fotocopias teñen aÃnda vida para un tempiño.