Non aparecen nos medios. Teñen unha distribución limitada, empregan medios analóxicos e fan propostas en moitos casos vangardistas. Descoñecidas para boa parte do público, existen no noso paÃs un feixe de propostas de autoedición que van desde os fanzines literarios ata a música ou a arte vangardista. Coa filosofÃa do "faino ti mesmo" como eixe común, o Liceo Mutante de Pontevedra reuniu unha boa parte delas nas Xornadas Grapa Grapa.
O Liceo Mutante de Pontevedra reunÃa a pasada fin de semana, no marco das primeiras Xornadas Grapa Grapa, unha importante mostra dos proxectos de autoedición que se fan en Galicia. Un panorama dominado polos fanzines pero que chega tamén á música, o muralismo, a performance e outras propostas creativas. "Hai absolutamente de todo", explica Berto Fojo, responsable de Plástica Mutante, a área do Liceo Mutante que se centra nas arte visuais. "Temos fanzines feitos en serigrafÃas, o formato clásico de fotocopias, a impresión dixital, a cores ou o a branco e negro ou mesmo xente que introduce en cada exemplar un debuxo ou algún elemento feito a man", sinala. "A maior parte da xente que vén fai autopublicacións de arte e de ilustración, pero hainos tamén dedicados á poesÃa e mesmo ao ensaio, cun carácter máis filosófico. Non hai en común un parámetro concreto entre todos os participantes. É certo que sempre que montas algo tentas achegalo á túa propia idea, pero a verdade é que fomos bastante abertos".
Panorama galego
A nivel galego "hai moitÃsima xente facendo cousas interesantes. Coa desmaterialización que se está a producir con Internet resulta sorprendente que a xente aposte por isto", explica Fojo. Malia ao carácter de resistencia destas iniciativas ante o avance da Rede, Fojo recoñece que o impacto das novas tecnoloxÃas tamén se deixa sentir neste ámbito. "Por exemplo agora hai poucos fanzines que se dediquen a falar de música, ao existir os blogs perderon un pouco o seu sentido, aÃnda que tamén os hai". Ao tempo, a maior parte destas iniciativas integran un blog como parte do proxecto de xeito paralelo á edición fÃsica dos seus produtos. "Está a nos sorprender a repercusión que acada esta iniciativa, xa non só a nivel galego senón peninsular. Gústanos comprobar que se implicou nas xornadas xente de Pontevedra, de Lugo, da Coruña, do Ferrol ou do Grove, estamos moi contentos".
Formatos e creacións
Para alén da idea dos fanzines, este tipo de iniciativas abranguen moitos máis formatos, co denominador común de se ter feito con poucos medios e un carácter amador. "Tivemos, por exemplo, xente de discográficas que edita os seus propios traballos a un nivel moi underground. Por exemplo de Madrid veu Afeita al perro, un selo que produce cintas de casete, discos e fanzines". Detrás de todas estas propostas, dentro da súa grande variedade, subxace "un pouco unha ética do faino ti mesmo. Moitos estamos xa nisto desde rapaces, como no momento en que alguén querÃa facer un mural e facÃao directamente, sen pedir permiso nin nada, e o mesmo á hora de editar un fanzine ou crear un grupo na música", apunta Fojo.
"Nós vémolo todo como algo moi relacionado, e aÃnda que algún poden pensar que a diferenza entre as distintas propostas sepáranas, para nós fúndense as disciplinas". Deste xeito, as xornadas inclúen representantes de disciplinas como o muralismo, coa presenza de Liqen, Tayone ou de Nano4814, dous destacados creadores no campo do Street Art que tamén se desenvolven na autoedición. Ou ás cancións de Aries, os discos empacados de xeito artesán ou as edicións en casete do proxecto vigués No dejaré que salves este mundo. Por non falar das experiencias de performance e documental que se puideron ver no encontro. Vencellado a ese carácter artesán está a escasa visibilidade de moitas destas propostas, efémeras en si mesmas ou con tiraxes e distribución asimesmo ultralimitadas. Segundo sinalan deste Plástica Mutante, a escasa visibilidade deste tipo de propostas fai parte da súa ecencia. "Están feitos para se desenvolver a estes niveis. Pode haber propostas que buscan aparecer mediaticamente, pero en xeral aos que están metidos nisto xa lles soa algo crible, hai unha despreocupación por se dar a coñecer". Para os interesados en se debruzar nesta corrente subterránea de cultura recomenda empregar Internet. "No noso blog están as ligazóns ás páxinas de todos os participante, e aà xa de pode ir coñecendo este mundo. Hoxe a distribución faise polo xeral de xeito directo desde o creador ao interesado por contacto na rede, eliminouse o intermediario".
Experiencia e continuidade
O interese do Liceo Mutante por desenvolver as xornadas Grapa Grapa débese á propia experiencia dalgúns dos membros do colectivo. "Hai xa anos que estivemos a facer fanzines, e propostas deste tipo noutros lugares. Estivemos en Madrid e tamén no Porto vimos iniciativas como esta, e pensamos en facer algo asà en Pontevedra". Deste xeito, combinando o convite a proxectos xa coñecidos cunha convocatoria aberta a todos os interesados en participar, artellouse un encontro que conseguiu unha importante participación. "Estamos moi contentos, ata lle tivemos que dicir que non a algunha xente por falta de espazo, aÃnda que ao final houbo algunha baixa de última hora. Tamén nos sorprendeu moito a asistencia de público, estamos moi contentos", segura o responsable de Plástica Mutante.
A celebración das xornadas coincide cun momento no que o Liceo Mutante está a ver cuestionada a súa continuidade como proxecto cultural na Cidade do Lérez. O pasado 8 de decembro a policÃa obrigaba á suspensión dun dos múltiplos concertos que celebra o local, que carece de licenza para esta actividade. Segundo aseguran desde o Liceo, as súas actividades non amolan a ninguén e mesmo o Concello, mesmo a non lles poder outorgar a licenza polas condicións do local, os animaron a continuar a súa programación. Ante a situación, o espazo decidiu suspender a súa actividade musical, que estaba a acadar un importante eco a nivel galego. Segundo apunta Fojo, "Estamos preocupados porque non queremos ter problemas nin buscamos enfrontamento. Estamos buscando vÃas de diálogo para retornar á nosa actividade normal. Pensamos que é moi importante para Pontevedra estes traballo, moita da xente que participa no Liceo somos desempregados que temos moita gana de facer cousa e en boa medida seguimos na cidade por este proxecto". No entanto, están xa a pensar nunha segunda edición das xornadas que, nun comezo, estarÃa pensada para o vindeiro verán. Estaremos pendentes.

GalerÃa: Grapa Grapa
Mural de Liqen en Azores