A compañía de teatro contemporáneo e artes do movemento Souvenir presenta hoxe o seu espectáculo, "Non é unha canción", no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. A montaxe, dirixida e interpretada por David Alonso e María de las Llanderas, integrantes da compañía, explora o universo do turismo de masas e o impacto nas artes da intelixencia artificial, dous temas de total actualidade, e para iso as dúas personaxes interpretadas por eles mesmos interactúan desde unha aproximación creativa sen limitacións a través do humor ácido e absurdo. O espectáculo é o segundo desta recente compañía, o primeiro para salas e auditorios.
Segundo a sinopse: "David e María vestidas para ir de vacacións, preséntanos o espectáculo que imos ver. Non é unha canción, pero é algo parecido. Algo pasa entre elas, pero non é posible entender o que. Non é pasalo ben, nin pasalo mal, pero é algo parecido. Algo raro lle sucede ao espazo, ou está o espazo a facer algo raro con David e María? Non é un espectáculo, pero é algo parecido". O espectáculo está producido co apoio da AGADIC e coa colaboración de ACT Galicia (Escola de Actores, Cine e TV).