Afundación abre unha exploración que explora as orixes e as fronteiras da intelixencia articial

Estará aberta ata o 5 de febreiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Tecnoloxía
Compartir:
Afundación abre unha exploración que explora as orixes e as fronteiras da intelixencia articial

Unha nova exposición en Afundación explora os últimos desafíos en intelixencia artificial. AI: More than Human foi comisariada polo Barbincan Centre de Londres e coproducido polo Forum Groningen dos Países Baixos. A mostra está dividida en catro seccións. En "The Dream of AI" explora as orixes culturais do desexo humano de dar vida á materia inerte e a súa presenza nas relixións. En "Mind machine", achégase o proceso de conformación da intelixencia artificial a través dos avances informáticos e matemáticos dos séculos XIX e XX. "Data Worlds" presenta a diversidade de aplicacións da IA no ámbito da saúde, o comercio ou o xornalismo. E "Endless evolution" presenta como a intelixencia artificial se fusiona con outras disciplinas, transformando a idea da natureza. A exposición está conformada por varias experiencias interactivas que ilustran os diferentes conceptos. A mostra poderase visitar en Afundación A Coruña ata o 5 de febreiro de 2023, e precísase mercar entrada.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Afundación, Intelixencia Artificial, Xornalismo, Natureza...