A campaña de difusión do proxecto falAI está a ser un éxito. Esta iniciativa desenvolvida polo Centro de Investigación en TecnoloxÃas de Telecomunicación (atlanTTic), dentro da participación no proxecto europeo ELE (European Language Equality) foi presentada hai dous dÃas. O proxecto solicita á poboación que grave 30 frases para rexistrar as diferentes proonuncias e falas en lingua galega, con obxectivos de investigación pero tamén para crear un corpus que permita o desenvolvemento de ferramentas de intelixencia artificial en lingua galega. Estes datos son fundamentais para poder atender a demanda crecente de aplicacións dunha nova xeración de intelixencia artificial. Os resultados da participación dos usuarios poden ir véndose nun aditivo panel en tempo real que nos permite ver a boa recepción da iniciativa. Neste momento, o panel indÃcanos que o proxecto ten "ledicia contida". E é normal, porque os datos indican que o sistema pasou de 4206 gravacións o dÃa 20 ás 24.259 de hoxe. Os usuarios deben gravar unhas 30 frases e polo momento os concellos máis activos son Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela e Avión.