O foro Humanismo e tecnoloxía do CCG reflexiona sobre o impacto da intelixencia artificial

Celébrarase mañá o xoves 13 de abril

O novo foro do CCG, titulado "Humanismo e tecnoloxía", abordará mañá xoves o novo rol da intelixencia artificial e o seu impacto na sociedade, na cultura e na ética. Deste xeito, Nerea Luis, responsable da Área de Intelixencia Artifician en SINGULAR, impartirá unha conferencia sobre "Artificial e humanos, cal é o límite?". O catedrático de Filosofía da Universidade Carlos III de Madrid, Andoni Alonso, falará sobre "De Leonardo ao ChatGPT, un breve excurso sobre activismo na intelixencia artificial" e pola tarde haberá un debate na relación entre intelixencia artificial, tecnoloxías da computación e transhumanismo. O foro está coordinado por Carmen García Mateo, catedrática do Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo. É de inscrición gratuíta e tamén se pode seguir por Internet.