O Plenario do CCG aprobou onte pola tarde as liñas de programación para 2025. Entre as diferentes accións que realizará a entidade, estará o impacto da intelixencia artificial na cultura galega e o estudo en detalle da relación actual entre turismo e cultura no noso paÃs. Ademais, presetarase atención ao 75 cabonado de Castelao, a análise da situación da lingua e diferentes iniciativas de acción exterior.
Nota de prensa oficial
Outra das liñas de acción é a relación entre a artesanÃa e a industria, na que se abordará a sostibilidade da cultura tradicional, adaptada aos novos tempos, e o aproveitamento industrial dos nosos recursos.
O avance imparable da intelixencia artificial (IA) e o seu impacto sobre a creación cultural será obxecto de análise e reflexión. Continuando unha liña de traballo iniciada en xullo deste ano (cunha xornada e un documento de traballo), o CCG seguirá prestando atención a como as tecnoloxÃas están a influÃr na creación actual. Estudarase a revolución na creación, acceso e difusión, asà como o impacto nos xéneros, nos mercados e na autorÃa.
Outro dos eixes de acción tratará sobre a situación actual da arquitectura, con actividades centradas nas construcións abandonadas (civil, industrial, etc.) e unha revisión dos criterios de conservación e rehabilitación arquitectónica.
No ámbito expositivo, en 2025 inaugurarase unha mostra centrada no papel desempeñado polas mulleres na emigración, tradicionalmente invisibilizadas. Ademais, están previstas novas itinerancias nacionais e internacionais das exposicións que o CCG mantén activas.
En 2025 conmemórase o 75 cabodano de Castelao, unha efeméride que a institución xa está a preparar en colaboración con outras entidades. Tamén se prestará atención á música de tradición oral, en consonancia co DÃa das Letras Galegas, dedicado en 2025 ás cantareiras e á poesÃa popular do canto. O patrimonio inmaterial será obxecto dun ciclo de actividades por todo o paÃs, abordando in situ diversas manifestacións xeradas polas comunidades tradicionais.
A análise da situación da lingua galega continuará sendo unha das liñas de traballo habituais. Ademais doutras actividades, o Observatorio da Cultura Galega realizará unha análise das actitudes, medidas e propostas para a dinamización do galego. Complementarase con outro estudo que medirá as necesidades para que haxa unha maior oferta de produtos culturais en lingua galega. O Observatorio tamén realizará un estudo sobre a situación do sector musical.
A institución continuará coa liña de investigación e documentación da colectividade emigrada, ao tempo que se iniciarán actividades destinadas a coñecer e estreitar vÃnculos coas comunidades de orixe estranxeira presentes en Galicia.