O Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica (PERTE) da Nova EconomÃa da Lingua que xestiona o Goberno Central acaba de incluÃr nas súas iniciativas o Proxecto Nós. A proposta que coordina a Universidade de Santiago (USC) coa colaboración da Xunta sobre a aplicación da intelixencia artificial ao galego recibirá no marco deste programa dous millóns de euros de investimento.
Asà o anunciaron este 16 de novembro o reitor da USC, Antonio López, e o delegado do Goberno en Galicia, José Manuel Miñones, logo da xuntanza que mantiveron sobre esta cuestión. Segundo explica a USC "o financiamento aprobado polo Consello de Ministros no marco do PERTE apoia, entre outras tarefas, a recompilación dunha ampla variedade de recursos en galego de alta calidade (texto e voz) que se publicarán en formato dixital -baixo licenzas libres e en aberto- e que serán accesibles de forma gratuÃta por empresas e institucións".
O proxecto pretende que "eses recursos e datos recompilados reforcen e impulsen o galego na contorna dixital, con especial énfase na intelixencia artificial, para dotar as máquinas dun adestramento maior con datos masivos en lingua galega". Entre as utilidades futuras deste labor está unha maior dixitalización da Administración pública, a dixitalización e a internacionalización das empresas e a creación de novos postos de traballos cualificados, segundo asegura a USC.