A relación entre cultura, patrimonio e turismo; a intelixencia artificial aplicada á creación; a memoria da transición e a proxección exterior e internacionalización da cultura galega serán as áreas prioritarias de actuación do Consello da Cultura para o vindeiro ano. A institución celebrou este 25 de outubro o plenario no que se aprobaron as liñas de acción para 2024, que combinará coas tarefas de asesorÃa e avaliación do sector cultural habituais.
Entre as novidades, o CCG abrirá unha liña de traballo que, co tÃtulo "Novos formatos e novos mercados da cultura" atenderá "á revolución dixital na creación, formatos, difusión, acceso, desfrute e conservación" neste ámbito. Como primeiro proxecto neste campo, entidade realizará unha análise do impacto na creación cultural galega que está a ter a intelixencia artificial.
Co epÃgrafe "EnerxÃas renovables, sostibilidade e patrimonio cultural" outra nova liña "profundará no modelo de explotación do territorio e na súa relación co patrimonio cultural". Nese ámbito a institución desenvolverá un informe sobre a relación entre cultura, patrimonio e turismo, a abordar tamén a xestión do concepto de patrimonio.
"Memoria da Transición" é o tÃtulo doutra das áreas de traballo para 2024, un ámbito no que se analizarán "os discursos polÃticos, as mobilizacións sociais, a conquista do autogoberno e a loita pola lingua e a cultura desta época". Finalmente, "Unha cultura con identidade sen fronteiras", acubillará accións de proxección exterior e internacionalización da cultura galega asà as propostas dedicadas á cultura da emigración e o diálogo con outras culturas europeas.