A Coruña acollerá a sede da Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial

O Consello de Ministros aprobouno este luns

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:

Finalmente foi posible. A Coruña será sede da Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial (AESIA). Así o anunciou o Goberno trala xuntanza deste luns do Consello de Ministros. A Coruña competía cunha ducia de cidades de diferentes comunidades autónomas para acoller a este centro que terá como obxectivos a regulación dos procesos vinculados á intelixencia artificial. O ecosistema empresarial e de investigación da cidade coruñesa e de Galicia que teñen vinculacións con esta tecnoloxía foi determinante nesta designación.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Intelixencia Artificial, A Coruña, Tecnoloxía