O Pazo da Cultura de Narón acolle este 23 de maio a estrea para público xeral de Cubo. A compañÃa Elefante Elegante presenta este espectáculo de teatro de movemento para público familiar destinado a maiores de 3 anos. Na montaxe, dous personaxes habitan un un cubo de 2 metros de lado onde "Xogan, cantan, rin, pelexan e berran. Un dÃa decátanse que queren ir máis lonxe e descubrir o mundo enteiro". Na produción, a compañÃa aborda temas coma "o confinamento, a amizade, as separacións e a aventura de medrar". As entradas para o espectáculo están xa á venda, e a xira ten previsto continuar por Cerceda o vindeiro 20 de xuño.
O espectáculo foi coproducido polo Concello de Narón, que acolleu as primeiras funcións escolares do proxecto. Ademais, a compañÃa desenvolveu unha residencia técnica no Pazo da Cultura de Narón de xeito previo á estrea.