Teatro Ó Cubo estrea hoxe 'Ningures' en Sada

Unha nova produción para o público infantil e familiar

| Santiago. Redacción | Seccións: Teatro
Compartir:
NINGURES                                                                            Fotografía:  Alex Sobrino

NINGURES Fotografía: Alex Sobrino

A Casa da cultura Pintor Lloréns de Sada acolle hoxe a estrea do espectáculo familiar e infantil Ningures, de Teatro Ó Cubo. Roberto C. Mouriño dirixe e é responsable da dramaturxia desta obra, a cuarta produción da compañía teatral, que el mesmo interpreta xunto con Sofía Espiñeira. Ningures presenta dúas formas de ver o mundo a través de Rita e Denís, viaxeiros profesionais que cruzan os seus camiños no misterioso limiar das portas de Ningures, lugar ansiado por todos os viaxeiros. Mais as portas agochan moitos segredos, segundo recolle a sinopse da produción, e talvez as personaxes non sexan quen de atravesalas. A través do humor, a danza, a manipulación de obxectos e o teatro físico a peza afonda nas metas e frustracións, nos propios retos, nos encontros e desencontros e nos medos que nos paralizan, poñendo en valor a amizade, o fracaso como parte do camiño e o respecto pola diversidade de cada quen. Este venres ás 18:30 horas estréase en Sada.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Sada, Espectáculo, Casa da Cultura...