O proxecto Nós inicia unha campaña para captar voces en galego

Búscase acadar 1000 horas de gravación

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

O proxecto Nós, a iniciativa de produción de tecnoloxías lingüísticas para o seu emprego en dispositivos intelixentes, presentou a campaña AgasallaNós, solicitando a doazón altruísta de voces para recoller a variedade fonética e dialectal da lingua galega de cara a creación de corpus lingüísticos que poidan ser empregados por sintetizadores e plataformas de intelixencia artificial. No acto de presentación da campaña, os responsables indicaron o obxectivo de acadar 1000 horas de gravación. Para iso, emrpegan a iniciativa Common Voice de Mozilla, que permite a construción un corpus aberto e público de voz.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lingua galega, Intelixencia Artificial, Medios de comunicación