A diversidade dialectal do galego terá presenza no ecosistema dixital do futuro dun xeito vivo. A plataforma colaborativa Common Voice, impulsada por Mozilla e alimentada por persoas voluntarias de todo o mundo, incorpora unha nova funcionalidade para o recoñecemento da fala, nomeada Spontaneous Speech ('fala espontánea'), que permitirá rexistrar doazóns con acentos diversos, variantes léxicas e morfolóxicas, cambios de código ou fenómenos propios da oralidade que adoitan desaparecer na fala lida. A nova funcionalidade, que de momento está en fase de probas, abre a porta á recollida dunha fala máis natural, diversa e representativa do uso real da lingua no dÃa a dÃa: a través de preguntas sinxelas rexistradas en Common Voice, as voluntarias poderán gravar respostas breves e espontáneas que recollerán a súa variedade dialectal. O Instituto da Lingua Galega (ILG), a través do Proxecto Nós, colaborou coa redacción do primeiro conxunto de preguntas dispoñibles para a recollida de fala espontánea en galego.
Dentro da plataforma Common Voice, ao escolleren, na sección Fale, a opción 'Responda preguntas', as persoas colaboradoras poden gravar as súas respostas; ademais, tamén poden participar transcribindo as respostas doutras usuarias e validando esas transcricións, o que contribúe a crear un corpus de fala de calidade. Calquera persoa pode propoñer novas preguntas a través da plataforma, o que garante que os contidos evolucionen de forma aberta e participativa. As achegas recollidas a través de Spontaneous Speech darán lugar a un conxunto de datos independente, que se publicará baixo licenza CC0, en liña coa filosofÃa de datos abertos de Common Voice. Isto permitirá que investigadoras, lingüistas, etc. accedan a datos de fala espontánea en lingua galega de forma libre e gratuÃta, fomentando deste xeito o desenvolvemento de tecnoloxÃas inclusivas e plurais, adaptadas ás necesidades reais das persoas usuarias, e a ciencia aberta ou cidadá, coa posibilidade para calquera persoa de participarmos na recolla de datos. O Proxecto Nós é unha iniciativa para situar o galego canda as linguas máis desenvolvidas no ámbito da tecnoloxÃa da lingua e a Intelixencia Artificial. O seu obxectivo principal é xerar os recursos necesarios para facilitar o desenvolvemento de servizos e produtos baseados na tecnoloxÃa da lingua como asistentes de voz, tradutores automáticos ou axentes conversacionais.