O proxecto Trasno convida a colaborar para que a intelixencia artificial fale galego

É parte do proxecto "Common Voice" da Fundación Mozilla

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

O Proxecto Trasno anunciou estes días unha campaña para involucrar os galegofalantes nun proxecto de código aberto para axudar a que futuros sistemas de intelixencia artificial poidan comprender o galego. A día de hoxe, esta é unha das grandes eivas das novas xeracións de tecnoloxía: asistentes de voz como Siri ou Cortana non comprenden a nosa lingua. Trasno solicita dos usuarios cando menos "5000 frases orixinais de vós, os e as falantes ou tomadas de fontes diversas". Estas frases, enviadas como texto, serán logo gravadas por voluntarios para seren procesadas co software DeepSpeech, da fundación Mozilla, poida xenerar o modelo da lingua galega que despois as diferentes máquinas poderán usar. No seu web convidan a participar de diferentes xeitos.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Intelixencia Artificial, Tecnoloxía, Lingua galega