A recuperación de entroidos tradicionais continúa en Galicia. Logo de anos de predominio das recreacións destas celebracións nas provincias de Ourense e de Lugo, localidades da Coruña e de Pontevedra apostan por reivindicar as súas propias máscaras e costumes, coas figuras dos choqueiros, en diferentes variantes, como protagonistas de varias destas iniciativas.
Neste 2024 destaca a proposta do Concello de Soutomaior, que contou coa empresa Ab Origine para realizar un estudo sobre tradicións propias desta zona que xa se incorporaron ao programa das festas nesta edición. Deste xeito, unha serie de obradoiros de tecido coa técnica do gancho para recrear as antigas máscaras locais contribúe a recuperar estas formas.
Para alén de desfiles e charangas, o programa reserva a xornada do 10 de febreiro para "Correr o Entruido", facendo ruÃdo e bromas ao xeito tradicional. Para esta actividade, o Concello recomenda o uso de disfraces feitos con roupas vellas e máscaras feitas con farrapos, gancho ou cartón. Para o dÃa 11 recuperarase a festividade do Galo, cunha recreación da corrida que tiña este animal como protagonista. Baile tradicional, desafÃos entre barrios e parroquias, mecos de palla e versos satÃricos sobre os acontecementos do ano son algunhas das incorporacións que se realizan á festa a partir da investigación de coordinou o antropólogo Rafa QuintÃa.
A parroquia de Noal, en Porto do Son, tamén tirou da memoria dos maiores, de rexistros fotográficos e de diferente documentación bibliográfica para voltarlle a vida aos seus choqueiros. Ataviados con roupas vellas, con máscaras animais e coas chocas que lles dan nome, estes personaxes incorpóranse ao Entroido local en varias saÃdas nun programa que inclúe a queima do "Felipiño", a figura que representa a festa nesta parroquia.
Na Escola do Alprende de Oza, en Carballo, pola súa banda, continúan o traballo de recuperación dos entroidos da comarca de Bergantiños que están a desenvolver nos últimos anos. Nesta xeira, diferentes obradoiros contribuÃron a recuperar as máscaras propias da parroquia de Cances, que protagonizan este ano a corrida do Antroido pola zona. Nas investigacións realizadas por este colectivo tamén reivindican o papel que xogaban os burros nesta festa, xa que estes aniamis enviábanse entre parroquias con mensaxes satÃricas.
Tamén o Museo da Terra de Melide está a reivindicar a existencia de figuras propias destas datas documentadas historicamente na comarca. Entre estas destaca o rexistro de xenerais da Ulla e dos correspondentes atranques na parroquia de Pazobre, en Santiso, o que amplÃa o alcance xeográfico desta tradición. Canda a estes, na propia vila de Melide hai constancia da existencia dos Folecheiros, personaxes encargados de lixar a xente cos foles cheos de borralla que portaban. E na parroquia de Vitiriz, o Museo reivindica a existencia no seu dÃa das figuras de madamas de cabaleiros similares ás que aÃnda se conservan noutras localidades do paÃs.
O Concello do Mos, pola súa banda, anuncia a posta en marcha do "Proxecto Currumiño", que pretende recuperar este personaxe tradicional das festas. Segundo recolle o Faro de Vigo, esta máscara caracterizábase por ir adobiada con roupas vellas e pedirlle á veciñanza cartos ou ovos. A iniciativa, encabezada polo estudante de ESO Ismael Pato, desenvolveu xa diferentes obradoiros en centros de ensino da localidade co apoio do Concello para promover o coñecemento e a recreación do entroido tradicional local.
En Ribadeo continúa a aposta por recuperar a Mascarita, personaxe propio do Antroido desta vila. Desta volta, o programa local da festa inclúe un concurso para promover que a xente adopte esta indumentaria. Canda a isto, a celebración da comparsa do Cocho, un desfile con este animal como protagonista preséntase como o outro grande elemento tradicional dunha festa que finaliza coa queima da figura do Entroido.
AÃnda que sen actividade nestas datas, Pedrafita do Cebreiro tamén recuperou neste 2024 a máscara de inverno dos Reiceiros, que percorrÃan as casas da vila con ocasión das festas de Reis a pedir os habituais aguinaldos. Os sombreiros adornados e os mantóns eran os principais riscos deste personaxe, que se combinan con traxes masculinos ao xeito doutras máscaras de "bonitos" existentes nos Entroidos do paÃs.