A Academia Galega de Teatro (AGT) homenaxeará este ano á programadora do Concello de Muros, Madó Santos e ao escritor, editor e investigador Manuel Vieites cos seus Premios de honra para 2024. A través dun comunicado a AGT sinala que con esta decisión quÃxose "conxugar a acción co pensamento á hora de elixir as persoas homenaxeadas", dúas "figuras senlleiras" das que aseguran que sen todo o que elas representan "resultarÃa ben difÃcil explicar a historia do noso teatro e os camiños de futuro que cómpre percorrer".
Sobre Madó Santos, a ATG lembra que desde o Concello de Muros, leva practicamente toda a súa carreira como programadora "apostando decididamente polo teatro galego. Até o punto de converter ao Concello de Muros no que máis inviste en teatro galego por habitante e ano", sinalan. Madó Santos, aseguran desde a ATG, "sempre demostrou un esmerado coidado co seu público e coas compañÃas que por Muros pasaron. É, polo tanto, unha persoa ben coñecida polas xentes do teatro galego e polo público de Muros ". Para os integrantes da ATG a acción de Madó Santos desde o Concello de Muros "é un exemplo que ben merece o Premio da Academia Galega de Teatro xunto co agradecemento de ser parte activa na creación dun tecido teatral no paÃs con vontade de futuro". Sobre o outro premiado, Manuel Viéites, a ATG ve nel unha figura fundamental para entendermos a historia do teatro galego. "Como estudoso do teatro galego, como promotor e Director da ESAD, como editorÂ… Viéites é sen dúbida un home que aplicou o seu entusiasmo e rigor ao servizo do teatro do noso paÃs e que cómpre un máis que merecido recoñecemento en forma de Premio da Academia Galega de Teatro 2024", conclúen no seu comunicado.