A Academia Galega de Teatro (AGT) fixo público a través dun comunicado o seu posicionamento de apoio ao Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) ante a decisión do Concello de Ourense de retirar as axudas municipais á súa realización no futuro. O ente académico súmase asà a outras voces colexiadas e individuais do sector teatral galego que tamén fixeron pública unha postura coincidente. Desde a AGT rexeitan a decisión levada a cabo polo consistorio actual ourensán no que ven “pouca sensibilidade cultural “e reivindican o valor consolidado do FITO tras once edicións cunha programación de primeira orde e do que aseguran que a súa posible desaparición, xa mencionada como risco real desde Sarabela Teatro, "serÃa lamentable para Galicia, para o teatro e para Ourense" . A Academia galega de Teatro é unha entidade de representación do sector teatral creada en outubro de 2017 como un espazo de encontro, reflexión e debate sobre o exercicio do oficio teatral. No mesmo sentido se pronunciaron dÃas atrás a asociación de empresas teatrais Escena Galega, a Asociación de Escritores en Lingua Galega e a Asociación de Actores e Actrices de Galicia.