"Neste momento, o Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO), tal e como se coñece, non pode existir", afirma nunha entrevista a Praza Pública a voceira de Sarabela Teatro, Fina Calleja. A semana pasada o concello de Ourense a través do seu alcalde, Gonzalo Pérez Jácome e o concelleiro de Cultura Mario Cultura, anunciaban a cancelación do apoio municipal a dous dos grandes eventos culturais do concello nos últimos anos: o FITO e o Festival de Música Clásica Pórtico do ParaÃso. Calleja advirte da "deriva preocupante" da xestión da cultura no concello de Ourense nos últimos anos e de que o centenario da revista Nós, que se celebrará en 2020, chegará cos principais eventos culturais da cidade cancelados e algúns equipamentos en abrir, coma o Museo Arqueolóxico. Calleja informa de que a corporación anterior tampouco fixera as solicitudes pertinentes a AGADIC para axudas a festivais. Para a compañÃa teatral, as únicas alternativas son a busca de financiamento noutras entidades como Universidade, Xunta ou Deputación, ou a redución do festival. Sarabela deu unha semana de prazo para tomar a decisión final sobre o festival. Pola súa banda, varias asociacións sumáronse na crÃtica á actitude municipal. A Asociación de Escritores en Lingua Galega sumouse ao comunicado de protesta da Asociación de Actores e Actrices de Galicia pola decisión municipal e en apoio de Sarabela Teatro. Escena Galega tamén lamentou a decisión municipal e afirmou que o FITO é un "festival consolidado" e "dinamiza a axenda cultural da cidade".