O concello de Ourense cancela o apoio a festivais emblemáticos de teatro e música

Explícao polos "elevados custes e escaso retorno económico"

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:

O novo alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, canda o concelleiro de Cultura Mario González, anunciaron que o concello deixará de apoiar economicamente a dous dos eventos de máis traxectoria na cidade, o Festival Internacional de Teatro (FITO), organizado por Sarabela Teatro, e o festival de música clásica Pórtico do Paraíso, coordinado por Shellyart Management. Segundo Pérez Jácome, o apoio foi cancelado polos "elevados custes e escaso retorno económico". A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) fixo público hoxe pola mañá un comunicado no que califica a decisión municipal como de "irresponsable, lesiva e fondamente preocupante". Para a organización, a decisión amosa a "escasa sensibilidade co tecido cultural" ourensán.

Isto súmase á desvinculación tamén do concello co Ourense Film Festival, a través dun acordo adoptado coa Deputación de Ourense. Os novos responsables do concello aproveitaron para informar de que se manterá a Mostra de Teatro Infantil de Ourense (MOTI), o Enclave de Cámara e o Ciclo Lírico, así como novas inciiativas como a creación dun bono cultural para público con baixo nivel adquistivo, unha orquestra xove, unha banda amateur de música ou a potenciación das festas de San Martiño, que incluirá unha "procesión da Santa Compaña" polo centro histórico coas luces apagadas, así como unha Semana da Cultura Celta.

Que che parece esta nova?
84 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Concello de Ourense, Asociación de Actores e Actrices de Galicia, Sarabela Teatro...