Renuncia o concelleiro de Cultura de Ourense por diferenzas coa 'filosofía cultural' de Pérez Jácome

Mario González afirmou que a súa dimisión xa estaba comunicada antes dos problemas de DO

| Santiago. Redacción | Seccións: Políticas Culturais
Compartir:
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome xunto ao xa ex-concelleiro o pasado mes de xullo na Libraría Nöbel                            Foto: Gabinete de Prensa do Concello de Ourense

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome xunto ao xa ex-concelleiro o pasado mes de xullo na Libraría Nöbel Foto: Gabinete de Prensa do Concello de Ourense

O concelleiro delegado de Cultura do Concello de Ourense ven de facer pública e efectiva a súa decisión de renunciar ao cargo que levaba un ano exercendo no consistorio da cidade das Burgas. A pesar de coincidir esta renuncia cun momento explosivo dentro dentro do grupo de goberno e do partido Democracia Ourensana Mario González asegurou hoxe en rolda de prensa fóra das instalacións do Concello que a súa renuncia xa estaba comunicada ao alcalde con anterioridade aos problemas en DO. Segundo González a súa dimisión con efecto o 1 de setembro xa estaba decidida de antemán e, segundo recolle o xornal La Región, ocorre por discrepancia coa filosofía cultural do rexedor local Gonzalo Pérez Jácome. Marío González, xa ex-concelleiro de Cultura afirma ter preparado "un plan estratéxico moi ambicioso" para a cultura co que Pérez Jácome non estaba de acordo. Desde o principio da lexislatura de DO os enfrontamentos do consistorio co sector cultural foron continuos, pola total retirada do apoio do Concello a numerosas actividades e festivais de cine, teatro e música coma o OUFF, o FITO, a MITEU ou o festival Pórtico do Paraíso. Foron numerosas as voces que advertiron da escasa sensibilidade do alcalde e o dimitido concelleiro cara a cultura. As funcións propias do cargo volven agora a mans do alcalde a falta de que este as poida delegar nalgún outro concelleiro ou concelleira no que dure o seu mandato.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Filosofía, Teatro, Cine, La Región...