Hai xusto un ano, Sarabela Teatro estaba formalizando os contratos da ducia de compañías (entre galegas e internacionais) que farían parte da programación do 5º FITO, Festival Internacional de Teatro de Ourense. Unha cita que non repetirá este ano en Outubro, tal e como estaba previsto. A compañía acaba de ofrecer unha rolda de prensa na que Anxeles Cuña, a directora explica que con todo o traballo feito, con todas as compañías contactadas e apalabradas, o concello non concreta o financiamento. Esa actitude por parte da administración local, aporte principal en edicións pasadas, impídelles concorrer a outras vías de financiamento como son as axudas para a organización de festivais que convoca a Agadic (cuxo prazo remata mañá) e a ter que renunciar aos 5.500 euros que xa lles adxudicou o INAEM para este fin.
É unha ausencia para a cidade que perde fonte de emprego, identidade, patrimonio, recursos estatais, autonómicos e tamén locais, así como un achegamento intercultural explicaba Ánxeles Cuña. O FITO desenvolví a cinco liñas de traballo na súa programación que ían desde o achegamento coa lusofonía, Iberoamérica ata o apoio a compañías emerxentes, novos creadores e o respecto e valoración das compañías de longa traxectoria. Polo fito pasaron espectáculos con nivel de excelencia demostrables de 13 países, nove comunidades autónomas e unha maneira de ver o teatro que enriquecía á cidadanía explicaba Cuña.