Comeza en Ourense o festival de Teatro lembrando a figura de Suso Díaz

Ánxeles Cuña alertou do recorte do 50% para o teatro galego nos orzamentos

| Santiago. Redacción | Seccións: Teatro
Compartir:

Con 30.000 euros menos de orzamento, hoxe arrinca o Festival Internacional de Ourense (FITO). Unha edición que lembrará a figura de Suso Díaz, actor, escenógrafo e xefe técnico de Sarabela finado a semana pasada. Os 142.00 euros deste certame traerán 15 compañías (dúas menos que en anteriores edicións) entre as que destaca En el réquiem de Mozart dirixida por Marta Carrasco, premiada como a mellor directora de España que, ademais, abre o certame. Na presentación do programa Ánxeles Cuña, directora do FITO, alertou das previsións de recorte do 50% para o teatro galego, “estamos en crise e todos temos que contribuír, pero a achega debería ser máis ecuánime e non atacar tan duramente ao sector cultural” apuntou.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Ourense, Mozart, Sarabela

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares