Morre Suso Díaz, integrante de Sarabela Teatro

A compañía suspendeu todas as súas funcións previstas para os vindeiros días

| Santiago. Redacción | Seccións: Teatro
Compartir:

Era actor, escenógrafo, iluminador, deseñador gráfico.... o polifacético Suso Díaz (1971-2010) apareceu morto no seu domicilio este martes. Vencellado a Sarabela Teatro desde 1988, onde ademais das escenografías e a iluminación ten feito traballo de actor en numerosas montaxes (A esmorga, Margar no pazo do tempo...). Sarabela Teatro suspendeu as súas vindeiras funcións e a participación na Feira Galega das Artes Escénicas. Ánxeles Cuña, directora da compañía destacou o seu traballo e apuntou “a irreparable perda tanto no personal como no profesional”.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Incertezas

Incertezas

Sarabela Teatro suspende a función da Feira polo pasamento de Suso Díaz

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Sarabela Teatro, Artes Escénicas, Esmorga...