O teatro galego está de dobre celebración. Se por unha banda celebra o Día Mundial do Teatro, pola outra celébrase a entrega dos premios María Casares no teatro Rosalía de Castro na Coruña. Trece categorías e un galardón de honra recoñeceran os mellores traballos a prol do teatro.
E os nominados son...
As obras que acumulan un maior número de candidaturas son "O lapis do carpinteiro" de Sarabela Teatro que pode levar nove premios e "A burla do galo" que opta a oito. Pola súa banda, o actor e director Roberto Vidal Bolaño está nominado en seis categorías. Así, o premio a mellor dirección dispútao con Ánxeles Cuña e Xoan Cejudo, por "Criaturas", "O lapis do carpinteiro" e "A burla do galo" respectivamente. As tres obras compiten tamén na categoría de mellor espectáculos, e no premio ó mellor actor atopamos de novo "Criaturas" e Vidal Bolaño, "O lapis do carpinteiro" e Fernando Dacosta" que loitan con Antonio Durán "Morris" polo seu papel en "Calígula" do Centro Dramático. O premio á mellor actriz protagonista dispútano por primeiro ano catro mulleres en lugar de tres como ven sendo habitual. Así temos a Inma Antonio polo seu labor en "Otelo", a Mónica Caamaño como protagonista de "A señotita Xulia", a Patricia de Lorenzo por Hero.es e a Rosa Álvarez por "Compañía". Como actores secundarios, este ano compiten Xosé Manuel Oliveira por "Calígula" e Xavier Estévez e Xosé A. Porto por "O lapis...". Para chegar ser a mellor actriz secundaria loitan Belén Constenla por "Criaturas", e Mónica Caamaño e Susana Dans por "A burla do galo".
Candidaturas e premio de honra
A do ano 2001 é a primeira edición na que se mudou o sstema de votación, que nesta ocasión realizouse mediante votación dos membros da Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escea en Galicia. En todos os apartados compiten tres candidatos, agás no de mellor actriz principal, por darse a circunstancia de ter acadado dúas das aspirantes igual número de votos. Os candidatos escóllense entre todos os espectáculos realizados por compañías de teatro profesionais de Galicia durante o ano 2000. Por outra banda, o premio de honra recaerá este ano na Asociación Cultural Abrente de Ribadavia que foi berce do movemento teatral galego durante a transición.
A gala
A gala na que se entregarán os premios comezará esta noite ás nove e media no teatro Rosalía de Castro da Coruña, e terá unha duración aproximada de hora e media. Estará amenizada coas actuacións do dúo humorístico Mofa e Befa, a Psicofónica de Conxo e o Grupo de Metais de Santa Cecilia. O acto será televisado en directo pola TVG.