O teatro vístese de gala para a VI Edición dos Premios María Casares

Espectación na escea por María

Será mañá pola noite, Día Mundial do Teatro, no teatro Rosalía de Castro da Coruña. Representantes de todos os eidos do mundo teatral agardarán espectantes o resultado da sexta edición dos premios María Casares de Teatro. As produccións "Fausto", "Os vellos non deben namorarse" e "Sexismunda" optan a ser consideradas a mellor obra do ano. E mentres se vai incrementando a tensión, sae á luz o primeiro Anuario Galego de Estudios Teatrais e dúas novas publicacións dos Cadernos de Teatro que publica o Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (Igaem).

Os premios



O teatro Rosalía de Castro da Coruña acollerá o vindeiro mércores a gala na que entregarán os galardóns da VI Edición dos premios María Casares de Teatro. Estes premios, organizados pola Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escea, están considerados os principais galardóns de teatro do país.
Os premios divídense en trece categorías e o premio honorífico Marisa Soto. A elección realízana todos os membros da asociación votando de entre unha lista na que se recollían todas as produccións teatrais do pasado ano. Desta votación recóllense tres candidatos para cada categoría, e esta nova lista volta ser votada polos socios para escoller os gañadores, que se dan a coñecer na gala. Pola súa banda, o gañador do premio honorífico é escolleito cada ano pola directiva da asociación.











Os nominados



As producción do Centro Dramático Galego "Rosalía" e "A cacatúa verde", onda "Sexismunda" de Sarabela Teatro son as favoritas da noite. De feito, "Rosalía" xa ten garantido o premio á mellor actriz secundaria, xa que as tres nominadas sono polo seu traballo nesta obra.
Os nomidados para esta edición son:

Como mellor espectáculo:


"Fausto" de Teatro de Ningures

"Os vellos non deben de namorarse" Teatro do Morcego

"Sexismunda" de Sarabela Teatro

Como mellor dirección:


Cristina Domínguez por "Coitelos nas galiñas"

Cándido Pazó por "Policia"

Etelvino Vázquez por "Fausto"

Como mellor actor protagonista:


Miguel Pernas por "A morte e a doncela"

Gonzalo Uriarte por "Os vellos non deben de namorarse"

Roberto Vidal Bolaño por "Os papalagui"

Como mellor actriz protagonista:


Inma António por "A morte e a doncela"

María Barcala por "Rosalía"

Elena Seijo por "Sexismunda"

Como mellor actor secundario:


Lino Braxe por "A cacatúa verde"

Josito Porto por "Sexismunda"

Xosé Vilarelle por "Rosalía"

Como mellor actriz secundaria:


Mónica Caamaño por "Rosalía"

Susana Dans por "Rosalía"

Laura Ponte por "Rosalía"

Como mellor escenografía:


Carlos Alonso por "Coitelos na galiñas"

Paco Conesa por "A cacatúa verde"

Suso Díaz por "Sexismunda"

Como mellor texto orixinal:


Eduardo Alonso por "Alta comedia"

Quico Cadaval por "Espantoso"

Gustavo Pernas Cora por "Footing"

Como mellor adaptación/traducción:


Begoña Muñoz, Ánxeles Cuña Bóveda e Fina Calleja por "Sexismunda"

Cándido Pazó por "Policía"

Roberto Vidal Bolaño por "Rosalía"

Como mellor música orixinal:


Xavier Camba por "Os papalagui"

Rodrigo Romaní por "Rosalía"

Piti Sanz por "Policía"

Como mellor iluminación:


Eduardo Alonso por "A cacatúa verde"

Suso Díaz por "Sexismunda"

Roberto Vidal Bolaño por "Rosalía"

Como mellor vestiario:


Carlos Alonso por Fausto

Paco Conesa por "A cacatúa verde"

Rodrigo Roel por "Rosalía"

Como mellor maquillaxe:


Dolores Centeno por "A cacatúa verde"

Teatro do Morcego por "Os vellos non deben de namorarse"

Carmela Montero por "Sexismunda".



Publicacións


Con ocasión do Día Mundial de Teatro, hoxe presentouse na sede do Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela o Anuario de Estudios Teatrais 2001. Esta publicación, dirixida por manuel F. Vieites, recolle diferentes estudios e investigacións de especialistas nas artes escénicas de ámbito internacional. Esta publicación da Comisión de Teatro do Consello da Cultura pretende contribuir a asentar o panorama escénico do país aportando crítica e reflexión sobre o mundo das artes escénicas. Neste sentido no Anuario recóllese, xa no editorial, a necesidade da existencia dunha Escola Superior de Arte Dramática no noso país que permita a formación de novas xeracións de profesionais deste eido.
Tamén con ocasión do Día Mundial do Teatro o pasado venres presentábanse en Compostela dous novos números dos "Cadernos de Teatro" que está a editar o IGAEM. O primeiro deles recolle o texto da obra "Mantis (A misión)" de Raúl Dans. O outro número recolle o texto de "Entrecontos" de Chus Álvarez, Covadonga Verdiñas, Ana Carril e Victoria Teijeiro.