Xerras con forma de cabezas rodaron este sábado pola noite na festa do teatro galego. Eran as figuras que os actores entregaban na VIII edición dos Premios María Casares no coruñés teatro Rosalía de Castro. "Así que pasen cinco anos", a montaxe da compañía Sarabela, conseguiu seis dos trece premios, incluída mellor dirección e mellor espectáculo. Unha festa que coincidiu co Día Mundial do Teatro.
Mentres en Almagro a actriz Fernanda D'Ocón lía o manifesto internacional do Día Mundial do Teatro, na Coruña ultimábanse os preparativos para a VIII edición dos Premios do teatro galego, os María Casares. Na localidade castelá líase o escrito da dramaturga exipcia Fathia el Assat que aseguraba que "o teatro é a luz que ilumina a mente, unha luz que afirma a unión orgánica co espectador". E esa unión conseguise no Teatro Rosalía cos numerosos aplausos que o público lle brindou ás obras premiadas e que foron representadas nos escenarios durante o 2003.
"Así que pasen cinco anos"
Outro ano máis Sarabela Teatro, a compañía ourensá, volveu a ser a gran vencedora dos galardóns. Das trece categorías Sarabela acaparou seis: mellor espectáculo, mellor dirección (a Ánxeles Cuña), mellor actor secundario (Xabier Estevez), mellor escenografía (a Suso Díaz), mellor adaptación-tradución (a Ánxeles Cuña) e mellor vestiario (a Teté Seoane). Este último foi un galardón compartido con Carlos Alonso, polos seus deseños en "A Gran Ilusión" (Alonso era candidato tamén con "A Comedia do Gurgullo" unha produción do Centro Dramático Galego).
Os outros
Aínda que Sarabela Teatro levou os dous premios máis importantes, tanto Talía Teatro ("Bicos con lingua") e Teatro do Morcego ("A Gran Ilusión") repartiron galardóns de interpretación. Maxo Barjas foi a mellor actriz protagonista polo seu papel en "A Gran Ilusión" obra pola que Sonia Rúa foi considerada a mellor actriz secundaria. Pola súa parte, Artur Trillo foi mellor actor protagonista logo da súa interpretación en "A Bicos con Lingua".
"Bicos" recibiu tamén o premio ao mellor texto orixinal. Un escrito composto por Avelino González, Xabier Lama, Suso de Toro, Cándido Pazó, Manuel Núñez Singala, Ana Iglesias e Marta Echevarría.
O resto dos galardóns foron: mellor maquillaxe para Fanny Bello por "Sidecar", mellor iluminación para Baltasar Patiño por "Acto seguido" e a mellor música orixinal para Fran Pérez por "Sidecar".
As sombras
Cada ano o acto de entrega dos premios galegos convértese tamén nun acto reivindicativo. As protestas contra o Prestige e contra a Guerra de Irak do ano pasado deixou paso a varios minutos de aplausos para as víctimas do 11-M en Madrid. E non só o recordo do atentando planou sobre a gala, senón tamén a figura de Valle Inclán, xa que os actores reclamaron en sucesivas ocasións que pronto se poidan montar as súas obras en galego e a recuperación da súa figura para a escena.
Polo demais, as actrices Luma Gómez e Inma Antonio foron as encargadas de presentar a gala e aproveitaron para incorporar pequenas doses de crítica á política teatral existente en Galicia e á actualidade máis recente.
Recollendo os froitos de 23 anos
Dentro dos premios María Casares figura o Premio de Honra Marisa Soto. Un galardón que se concede anualmente a todas as asociacións que desenvolven un labor en prol da cultura e do teatro. Este ano esa honra foi para o Padroado de Cultura de Narón. "Para nós é un orgullo porque aínda que o concello ten unha obriga de facer unha serie de actividades, estas non deixan de estar gobernadas e traballadas por persoas ás que nos gusta que se nos recoñeza o noso traballo. Isto é un aval e un refrendo a nosa actividade". Quen fala é Luciano Fernández, o director técnico do Padroado de Cultura de Narón que leva case 20 anos dirixindo o padroado de cultura.
Esta entidade, segundo Luciano, quixo cubrir dous obxectivos "crear escolas de teatro e unha programación teatral estábel, por dous motivos: en primeiro lugar, ser vehículo de defensa do noso idioma e da nosa cultura, xa que inicialmente so programabamos teatro galego, e en segundo lugar, porque entendemos o teatro cunha forma de formación completa".
Desde que Luciano se fixo cargo da dirección do padroado, en 1986 de forma temporal (desde 1987 de xeito continuado) montáronse 16 escolas de teatro que forman anualmente a unhas 200 persoas. "É unha estrutura descentralizada, explica o propio Luciano, na que temos unha escola para a terceira idade, unha escola só con mulleres, escolas de parroquia (que implica facer traballo social desde o teatro xa que hai xente traballando desde os 12 até os 50 anos), escolas de rapaces... ". No último ano, e como un impulso para formar a tan demandada Escola Superior de Arte Dramática, puxeron en marcha a primeira escola profesional de teatro. "Non quixemos organizar o típico taller, mais si dar unha formación regrada con oito materias e cunha dedicación plena ao estudo da Arte Dramática". Un centro que, como explica o director do padroado, non está homologado porque "cansados de petar en tantas portas e ver tantos reparos e decidimos tirar para adiante e montala nós, a verse unha vez montada temos máis facilidades".
De momento, a concesión deste galardón de Honra dos premios María Casares supón xa un recoñecemento á súa traxectoria e á súa encomiábel iniciativa.