En paralelo coa apertura en Cangas da exposición de homenaxe ao recentemente falecido alcalde Xosé Manuel Pazos no marco da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo que el impulsou, a Academia Galega de Teatro (AGT) decidiu outorgarlle o seu Premio de Honra de xeito póstumo a Pazos polo seu "compromiso e traballo para crear un futuro para o teatro do noso país". Ata este ano, recibiron o Premio de Honra, Manolo Lourenzo, Luís Álvarez Pousa, María Xosé Queizán, Ernesto Chao, Celso Parada e Gustavo Pernas.
Pazos desenvolveu ao longo da súa vida un intenso labor no campo do teatro. Desde a fundación de Teatro de Ningures, onde traballou como actor, produtor ou dramaturgo, ata o seu papel fundamental como impulsor e director da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, desenvolveu todo tipo de labores no ámbito das táboas, a incluír a tradución, a adaptación ou o impulso do teatro afeccionado. A súa desaparición a en xaneiro deste ano causou fonda conmoción no mundo da cultural en xeral e do teatro en particular.
O galardón desta asociación entregouse onte mesmo durante a inauguración da exposición documental que abriu o programa da 38ª edición do evento teatral de Cangas. A exposición 'Teatreiro de seu', comisariada por Diego Seixo sobre a figura de Xosé Manuel Pazos Varela, documenta a vida e a acción cultural deste persoeiro sen o cal non existiría hoxe a propia Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, que en parte celébrase nu auditorio que xa leva o seu nome.