A Academia de Teatro nomea membro de honra a Celso Parada

A entidade celebrou a súa xuntanza anual en Cangas a pasada fin de semana

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:
Celso Parada. Fotografía da AAAG.

Celso Parada. Fotografía da AAAG.

O actor e director Celso Parada foi nomeado pola Academia Galega de Teatro como membro de honra desta entidade. O colectivo, que conta con representantes de diferentes ámbitos da escena galega, recoñece así ao que foi fundador de Teatro do Morcego e desenvolveu unha intensa carreira interpretativa en teatro, televisión en cine que lle valeu galardóns como o Premio María Casares á mellor versión por Lazariño de Tormes ou o Premio Compostela ao mellor actor. O encontro anual da Academia celebrouse o pasado sábado en Cangas.

Que che parece esta nova?
133 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Cangas, María Casares, Cine...