O 30 aniversario do Festival de Teatro Galego do Carballiño quedará xa marcado para a historia do evento como a do seu "rebautizo", ao engadir o nome do recentemente falecido actor e director Celso Parada ao seu. Como xa fixeran en 2017 ao renomear o seu premio de honra en homenaxe á actriz Dorotea Bárcena desparecida naquel mesmo ano, o FETEGA segue reforzando os seus lazos coa escena galega contemporánea e coa memoria das súas figuras salientables. A presentación desta trixésima edición trouxo esta e outras novidades para a cita que terá lugar na localidade ourensá entre o 2 e 0 6 de setembro e que servirá de novo como escaparate da variada actividade escénica galega. Josi Lage, directora do xa renomeado Festival de Teatro Galego "Celso Parada", destacou, entre as novidades deste ano, o incremento da programación a cinco días, o ciclo de monólogos, e o aumento das categorías dos premios que pasan de catro a ser seis ao desdobrar o de interpretación por sexos e incluír os monólogos cómicos: Premio de Honra, Premio á mellor actriz, Premio ao mellor actor, Premio ao mellor espectáculo, Premio ao mellor espectáculo de rúa; e o Premio ao mellor monologuista cómico.
As obras de teatro que se celebrarán no Auditorio Municipal do Carballiño, ás 22.00 horas, comezarán o luns 2 de setembro coa obra Anatomía dunha serea, da Compañía Iria Pinheiro -A Berbechería-Chévere; o martes 3 de setembro, será a quenda para a obra Compañeira de piso, da compañía Contraproducións; o mércores 4 de setembro subirá ao escenario a compañía Chévere coa obra Curva España; e ao día seguinte, o 5 de setembro, actuará a compañía Redrum Teatro coa obra Idiota, protagonizada por Susana Sampedro e Machi Salgado. O venres 6 de setembro, pecharán a programación do Festival a compañía Enconarte Producciones, coa obra Monstruación. Será tamén nesa mesma xornada a Gala e entrega dos premios FETEGA "Dorotea Bárcena", conducida e presentada por Marían Bañobre.
O Anfiteatro será outro dos escenarios das actividades programadas para esta XXX edición do Festival, que darán comezo o luns 2 de setembro coa actuación Catro 4 segundos (Novo Circo da Compañía ÍO; o 3 de setembro será a Compañía Dani García a que protagonice Don Gelati (Maxia Clown); o 4 de setembro tocaralle á compañía Excéntricas con Cartoóns (Comedia Clown); o 5 de setembro será a quenda para a compañía Asacocirco co espectáculo Lume (Circo Performático); e o venres 6 de setembro pechará as actuacións no Anfiteatro a compañía Sue Moreno co espectáculo Sue Moreno 4.0 (Circo acrobático). Os espectáculos serán todos ás 19.00 horas.
Como actividades paralelas, haberá animación de rúa, un coloquio de creadoras baixo o título Arte con nome de muller, obradoiros, monólogos cómicos e actividades infantís. O prezo das entradas para as funcións no Auditorio é de 5 euros, e para os monólogos é de 3 euros, mentres que o resto das actividades serán de balde.