Elisa e Marcela leva o premio á mellor obra do FETEGA

O Festival de Teatro Galego do Carballiño recoñeceu tamén A vida tola, de Pajarito

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:

A Panadaría e a súa obra Elisa e Marcela erixiuse como a triunfadora da XXIX edición do Festival de Teatro Galego do Carballiño (FETEGA). Ademais do premio ao mellor espectáculo, as tres membros da compañía, Areta Bolado, Noelia Castro, Ailén Kendelman, recibiron tamén ex aequo o premio á mellor interpretación polo seu labor na montaxe. Pola súa banda, A vida tola, de Natalia Outeiro Pajarito, foi galardoada co Premio ao Mellor Espectáculo de Rúa.

Como xa se anunciara Marta Pazos foi recoñecida co Premio de Honra Dorotea Bárcena. O xurado estivo composto por Víctor Duplá, María Vázquez e Víctor Durán Morris, e o seu fallo deuse a coñecer o pasado venres nunha gala presentada por Laura Villaverde.

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Elisa e Marcela, Teatro, Carballiño, Espectáculo...