Isabel Risco, Celso Fernández e Vidal Bolaño levaron os premios FETEGA

Os Festival de Teatro do Carballiño pechou edición cun descatado incremento de público

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:

O Festival de Teatro Galego fechou o pasado venres a súa vixésimo sexta edición no Carballiño. No evento de clausura déronse a coñecer os galardóns deste ano, que foron para Isabel Risco no caso do de Mellor Actriz e para Celso Fernández Sanmartín como Mellor Actor. Ibuprofeno Teatro obtivo o recoñecemento ao mellor espectáculo pola súa montaxe O Furancho. Ademais, a organización acordou outorgarlle o Premio de Honra de FETEGA 2015 a Roberto Vidal Bolaño. A nova xeira do encontro de teatro galego acadou un incremento do 42% no número de entradas vendidas a respecto do pasado ano, cun total de 4.200 persoas que se achegaron aos espectáculos programados.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Carballiño, Espectáculo, Roberto Vidal Bolaño...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares