Ensaio sobre a cegueira gaña o premio FETEGA

Morris recibiu o galardón de honra do festival teatral do Carballiño

| Santiago. Redacción | Seccións: Escpectáculos
Compartir:

O pasado venres nove de setembro botaba o pano, logo da gala de entrega de premios, a XVII edición do Festival de Teatro Galego (FETEGA) do Carballiño. O xurado do certame seleccionou Ensaio sobre a cegueira, de Sarabela, como mellor espectáculo desta xeira, mentres Pepa Barreiro e Mundo Villalustre acadaron os galardóns como mellores actores, a primeira polo seu traballo en Unhas poucas picadelas, de Teatro do Ningures, e o segundo por Nosa Señora das Nubes, unha montaxe de Teatro do Morcego. O premio de honra foi para Antonio Durán Morris, en recoñecemento a toda unha carreira no mundo da táboas.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Ensaio, Morris, Carballiño...