Antonio Durán Morris obtén un galardón da Unión de Actores e Actrices

Javier Rey recibiu o recoñecemento da Semana de Cine de Medina del Campo

12/3/2019 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Antonio Durán caracterizado como Manuel Charlín. Fonte: Antena3

O seu traballo na serie Fariña a interpretar a Manuel Charlín valeulle a Antonio Durán Morris facerse co premio a Mellor Actor Secundario TV que outorga a Unión de Actores e Actrices de España. Morris foi o único galego que obtivo un destes galardóns, aos que tamén optaban Javier Rey e Javier Gutiérrez, na categoría de protagonistas masculinos en televisión, e Luís Zahera, que concorría ao premio ao mellor intérprete secundario en cinema polo filme El Reino.

Onde si foi recoñecido o traballo de Javier Rey foi na 32 Semana de Cine de Medina del Campo, onde o actor noiés obtivo o Roel de Actor do Século XXI. Sin fin, dirixida polos irmáns Alenda, foi o filme que protagoniza Rey que se puido ver nesta cita.

Que che parece esta nova?
171 lecturas 0 reaccións

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Morris, Antonio Durán, Cine

Claves

Protagonistas
Conceptos